Estás en:Novas

Concentración na Deputación para reclamar a eliminación da Lei Montoro

Concentración na Deputación para reclamar a eliminación da Lei Montoro

A sede da Deputación da Coruña acolleu hoxe unha concentración para reclamar a modificación Lei Montoro e da regra de gasto, que limitan aos concellos para poder usar os seus aforros, aínda cando estean saneados economicamente.

A concentración responde á iniciativa presentada no pleno provincial do pasado 31 de xullo por Alternativa dos Veciños e apoiada por todos os grupos políticos, coa abstención do PSOE, que entendeu que esta iniciativa correspondería á Fegamp, para convocar a todas as corporacións municipais da provincia a unha concentración simultánea ante as casas consistoriais para reclamar a modificación da Lei  de estabilidade orzamentaria e sustentabibilidade financieira de 2012, que impide a utilización dos superávits e remanentes das entidades locais e da regra de gasto, que limita o investimento anual dos municipios.