A Deputación apoia con 58.476 euros a 12 agrupacións de Protección Civil da provincia
Hoxe publícase no BOP a listaxe das axudas.

A Deputación da Coruña apoia con 58.476,51 euros a actividade das agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia da Coruña.
O BOP publica hoxe a concesión provisional destas axudas, que beneficiarán ás asociacións e agrupacións dos concellos de Cerceda, Porto do Son, Zas, A Laracha, Vedra, Betanzos, Carnota, Muros, Oroso, Vilasantar e Negreira.
Con esta axuda "damos o noso apoio a un servizo público esencial, sobre todo para os concellos do rural, e que nesta crise sanitaria amosou o seu compromiso á hora de axudar á poboación galega nun momento tan complicado" indicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
As subvencións poden consultarse na BOP de hoxe https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/08/10/2020_0000005542.pdf ou na listaxe que achegamos con esta nota de prensa.
Entidades
| Importe subvención |
Beneficiario: Agrupación de Protección Civil de Cerceda Obxecto: Suministros non inventariables
| 4.680,00 € |
Beneficiario: Agrupación de Voluntarios P. Civil de Porto do Son Obxecto: subministracións: (vestuario non inventariable, duración inferior a 1 ano), compra de bens destinados á actividade (material non inventariable) | 3.922,56 € |
Beneficiario: Agrupación Municipal Voluntarios P. Civil Ayuntamiento de Zas Obxecto: adquisión vestiario AVPC | 4.133,59 € |
Beneficiario: Agrupación Municipal Voluntarios P. Civil – Laracha Obxecto: actividades 2020 da agrupación de voluntarios de protección civil do concello da Laracha | 5.130,00 € |
Beneficiario: Agrupación Voluntarios P. Civil Municipal Vedra Obxecto: Actividades PC VEDRA 2020 | 3.216,39 € |
Beneficiario: Agrupación Voluntarios P. Civil - Betanzos Obxecto: : Adquisicion de Vestuario para el Personal (Ropa) | 3.736,48 € |
Beneficiario: Agrupación Voluntarios P.Civil – Carnota Obxecto: mantemento e reforzo dos servizos de Protección Civil Carnota 2020 | 3.200,00 € |
Beneficiario: Agrupación Voluntarios P. Civil - Muros Obxecto: Equipamento para a A.V.P.C. Muros | 5.120,00 € |
Beneficiario: Agrupación Voluntarios P. Civil - Oroso Obxecto: Retribucións e seguridade social persoal agrupación | 9.600,00 € |
Beneficiario: Agrupación Voluntarios P.Civil-Vilasantar Obxecto: ACTIVIDADES AVPC 2020 | 3.090,00 € |
Beneficiario: Agrupación Voluntarios Protección Civil Negreira Obxecto: Subvención dirixida ás agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de protección civil provincia da Coruña de Concellos de menos de 50.000 habitantes para actividades durante o ano 2020 | 3.647,49 € |
Beneficiario: Asociación de Agrupaciones de Voluntarios de Proteccion Civil Obxecto: actividades formativas para voluntarios de Protección Civil en materia de prevención e emerxencias | 9.000,00 € |