Estás en:Novas

A Deputación apoia con 58.476 euros a 12 agrupacións de Protección Civil da provincia

Hoxe publícase no BOP a listaxe das axudas.

A Deputación apoia con 58.476 euros a 12 agrupacións de Protección Civil da provincia

A Deputación da Coruña apoia con 58.476,51 euros a actividade das agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia da Coruña.

O BOP publica hoxe a concesión provisional destas axudas, que beneficiarán ás asociacións e agrupacións dos concellos de Cerceda, Porto do Son, Zas, A Laracha, Vedra, Betanzos, Carnota, Muros, Oroso, Vilasantar e Negreira.

Con esta axuda "damos o noso apoio a un servizo público esencial, sobre todo para os concellos do rural, e que nesta crise sanitaria amosou o seu compromiso á hora de axudar á poboación galega nun momento tan complicado" indicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

As subvencións poden consultarse na BOP de hoxe https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/08/10/2020_0000005542.pdf ou na listaxe que achegamos con esta nota de prensa.

Entidades

 

Importe subvención

Beneficiario: Agrupación de Protección Civil de Cerceda

Obxecto: Suministros non inventariables

 

4.680,00 €

Beneficiario: Agrupación de Voluntarios P. Civil de Porto do Son

Obxecto: subministracións: (vestuario non inventariable, duración inferior a 1 ano), compra de bens destinados á actividade (material non inventariable)

3.922,56 €

Beneficiario: Agrupación Municipal Voluntarios P. Civil Ayuntamiento de Zas

Obxecto: adquisión vestiario AVPC

4.133,59 €

Beneficiario: Agrupación Municipal Voluntarios P. Civil – Laracha

Obxecto: actividades 2020 da agrupación de voluntarios de protección civil do concello da Laracha

5.130,00 €

Beneficiario: Agrupación Voluntarios P. Civil Municipal Vedra

Obxecto: Actividades PC VEDRA 2020

3.216,39 €

Beneficiario: Agrupación Voluntarios P. Civil - Betanzos

Obxecto: : Adquisicion de Vestuario para el Personal (Ropa)

3.736,48 €

Beneficiario: Agrupación Voluntarios P.Civil – Carnota

Obxecto: mantemento e reforzo dos servizos de Protección Civil Carnota 2020

3.200,00 €

Beneficiario: Agrupación Voluntarios P. Civil - Muros

Obxecto: Equipamento para a A.V.P.C. Muros

5.120,00 €

Beneficiario: Agrupación Voluntarios P. Civil - Oroso Obxecto: Retribucións e seguridade social persoal agrupación

9.600,00 €

Beneficiario: Agrupación Voluntarios P.Civil-Vilasantar

Obxecto: ACTIVIDADES AVPC 2020

3.090,00 €

Beneficiario: Agrupación Voluntarios Protección Civil Negreira

Obxecto: Subvención dirixida ás agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de

protección civil provincia da Coruña de Concellos de menos de 50.000 habitantes para actividades durante

o ano 2020

3.647,49 €

Beneficiario: Asociación de Agrupaciones de Voluntarios de Proteccion Civil

Obxecto: actividades formativas para voluntarios de Protección Civil en materia de prevención e emerxencias

9.000,00 €