Estás en:Novas

A Deputación da Coruña apoia con 412.000 ás actividades de fundacións e entidades que xestionan museos, bibliotecas ou centros culturais

Case trinta entidades sen fins de lucro titulares de museos ou centros de interpretacións e fundacións reciben un total de 412.649,09 euros para o desenvolvemento de actividades culturais

Boletín Oficial da Provincia fai pública hoxe a resolución da concesión provisional deste programa

A Deputación da Coruña apoia con 412.000 ás actividades de fundacións e entidades que xestionan museos, bibliotecas ou centros culturais

Case trinta fundacións e entidades que xestionan museos, bibliotecas ou centros de interpretacións reciben axuda da área de Cultura da Deputación da Coruña para o desenvolvemento dos seus programas culturais cun orzamento que, nesta edición, supera os catrocentos mil euros.

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a aprobación da concesión provisional de subvencións correspondentes á convocatoria de subvencións a fundacións e a entidades sen fins de lucro da provincia da Coruña titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas, para o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2020, e mediante o cal se adicarán 412.649,09 euros para tal fin.

Un total de 28 entidades recibirán o apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña para a realización dos seus programas, entre as que se atopan o Museo do Pobo Galego, a Fundación Luís Seoane, a Fundación Torrente Ballester, a Fundación Rosalía de Castro, a Fundación Wenceslao Fernández Flórez, o Museo Terra de Melidea Fundación Dardo, a Fundación Manuel María de Estudos Galegos ou a a Fundación Centro Internacional de la Estampa Contemporánea.

"O apoio ao tecido cultural e, neste caso, ás fundacións e entidades que desenvolven unha importantísima actividade en todo o territorio desde os seus propios espazos é unha das liñas de traballo da área de Cultura que se concreta nesta liña de axudas e tamén noutras convocatorias dirixidas a todo tipo de entidades", sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto. Desta maneira, e neste ano con programas adaptados ás novas circunstancias provocadas pola Covid, a convocatoria de axudas en concorrencia competitiva aposta por, na medida das posibilidades, reforzar un sector que se viu especialmente afectado pola pandemia.

ACHEGAMOS LISTAXE

 

Solicitudes

Importe

 subvención

 

Beneficiario: ARZOBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Obxecto: Proxecto de catalogación da colección do fondo antigo de impresos no AHDS. 3ª FASE S. XX

14.000,00€

 

Beneficiario: ASOCIACIÓN PATRONATO MUSEO ETNOGRÁFICO DA CAPELA
Obxecto: "PROGRAMA FO200/NA PROCURA DOUTRO TEMPO 2020"

8.267,20€

 

Beneficiario: CENTRO ESTUDIOS MELIDENSES-MUSEO TERRA MELIDE
Obxecto: Programa de actividades culturais para o ano 2020 do Museo da Terra de Melide

19.720,00€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN ACADEMIA GALEGA DA LINGUA PORTUGUESA
Obxecto: Descrição arquivística e digitalização de Fundos da Doação José Luís Fontenla e Família 2020

10.200,00€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN AMPARO VARELA RON
Obxecto: Realización de xornada sobre a situación actual do concello de TOQUES: Presente e futuro.-Estudio e proposta de posta en marcha de actuacións dinamizadoras do rural.

2.000,00€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN ARAGUANEY PUENTE DE CULTURAS
Obxecto: CICLO DE CINE "MULLERES NA HISTORIA"

2.550,00€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN BIBLIOTECA DE LA CASA CONSULADO
Obxecto: CATALOGACIÓN/DIXITALIZACIÓN DE FONDOS, CICLOS DE CONFERENCIAS E EXPOSICIÓNS DE FONDOS BIBLIOGRÁFICOS

13.641,34€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN BRANDOMIL
Obxecto: Elaborar biblioteca dixital de Brandomil, así como un documental do Camiño por Brandomil e unhas xornadas sobre o Brandomil Romano

11.073,40€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN CENTRO INTERNACIONAL DE LA ESTAMPA CONTEMPORÁNEA
Obxecto: Formación e creación de obra gráfica feita en Galicia. Cursos Anuais

24.000,00€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN DARDO INSTITUTO DO DESEÑO E DAS ARTES CONTEMPORÁNEAS (DIDAC)
Obxecto: PROGRAMACIÓN DA FUNDACIÓN DIDAC 2020 / PROXECTO ARTERIA GALICIA

28.000,00€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL
Obxecto: 25 aniversario da Fundación Eugenio Granell

26.000,00€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN GALIZA SEMPRE
Obxecto: Actividade da Fundación Galiza Sempre para o 2020

13.112,26€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN GONZALO TORRENTE BALLESTER
Obxecto: Actividades culturais da FGTB no 2020

10.500,00€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN LUIS SEOANE
Obxecto: ACTIVIDADES A REALIZAR NA FUNDACIÓN LUIS SEOANE

26.000,00€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN LUIS TILVE
Obxecto: Proxecto de recompilación, catalogación, conservación e difusión do Patrimonio Histórico Documental da Fundación Luís Tilve para o ano 2020

26.000,00€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS
Obxecto: ACTIVIDADE CULTURAL PARA A DIFUSIÓN DA OBRA E FIGURA DE MANUEL MARÍA

29.625,00€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN MUSEO ARTES GRABADO ESTAMPA DIGITAL
Obxecto: Rexistro, inventario e catalogación de fondos - Obradoiros de gravado - Mantemento coleccións museográficas - Mellora accesibilidade - Publicidade e propaganda

16.473,85€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA
Obxecto: CONCURSO DE BANDAS EMERXENTES

12.093,75€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN PARA O ESTUDIO E DIVULG.CUESTIÓN SOC.E SIND.GALICIA
Obxecto: A XERACIÓN NÓS E A GALIZA DO SEU TEMPO

16.000,00€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN RICARDO PEREZ Y VERDES
Obxecto: ACTIVIDADES MELGA 2020

5.320,00€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN ROSALIA DE CASTRO
Obxecto: DIFUSIÓN VIDA E OBRA DE ROSALÍA DE CASTRO E MANUEL MURGUÍA

20.100,83€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN WENCESLAO FERNANDEZ FLÓREZ
Obxecto: Realización de actividades culturais (obradoiros, presentacións, conferencias) e publicacións

8.400,00€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN 10 DE MARZO
Obxecto: Catalogación, arquivo e dixitalización do fondo documental da Fundación 10 de Marzo

7.227,23€

 

Beneficiario: MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADO
Obxecto: ACTIVIDADES CULTURAIS DO MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADO PARA O ANO 2020

16.000,00€

 

Beneficiario: PATRONATO DE LA CASA DE TROYA
Obxecto: Mantemento, funcionamento e promoción do Museo Casa de la Troya; e realización e divulgación de actividades culturais durante o ano 2020.

10.560,55€

 

Beneficiario: PATRONATO DO MUSEO DO POBO GALEGO
Obxecto: PROGRAMA MÁIS PRÓXIMAS. AS COLECCIÓNS DO MUSEO DO POBO GALEGO

26.000,00€

 

Beneficiario: REAL E INSIGNE COLEGIATA DE A CORUÑA
Obxecto: Contratación dun guía para a realización de visitas guiadas á Colexiata de Santa María do Campo e a o seu Museo de Arta Sacra.

4.463,68€

 

Beneficiario: FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
Obxecto: ENCRUCILLADAS 2020

5.320,00€

 

 

Total concedido 412.649,09 €

 

Páxinas suxeridas