Estás en:Novas

A Deputación financia a dotación de servizo de saneamento ao lugar das Picas, en Fene

A actuación, valorada en 59.000 euros, permitirá dotar a este núcleo dun servizo esencial e ampliar así a rede municipal.

Os traballos, que durarán 3 meses, inclúen o movemento de terras, instalación de tubaxes e colectores e a reposición do pavimento afectado

A Deputación financia a dotación de servizo de saneamento ao lugar das Picas, en Fene

A Deputación da Coruña destina 58.844 euros a través do Plan Único para financiar o proxecto de dotación do servizo de saneamento de augas fecais ao lugar das Picas, na parroquia de Magalofes pertencente ao Concello de Fene.

Os traballos, que permitirán dotar este núcleo dun servizo esencial co que non contaba ata o de agora e ampliarán a rede de saneamento municipal, durarán tres meses e inclúen o movemento de terras para a instalación de tubaxes e colectores necesarios para a evacuación de augas fecais e, por último, a reposición do pavimento afectado.

Esta actuación complementará a unha anterior realizada nas parroquias de Magalofes e Sillobre, para dotar de saneamento concretamente os núcleos do Feal e Regueiro, pero da que non se podían beneficiar as vivendas do lugar das Picas ao estar situadas a maior cota que o colector executado.

Páxinas suxeridas