INICIO DO CURSO 2020-2021, 23 de setembro ( NOVAS)
Mércores 23 de setembro - Grao Elemental.
Xoves 24 de setembro - Iniciación.
Venres 25 de setembro - Grao Profesional

Seguindo as derradeiras instrucións da Consellería de Educación o inicio do curso académico do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña será o vindeiro 23 de setembro de 2020 .
O Conservatorio Profesional de Danza comunica a todas as familias que o inicio do curso escolar 2020/2021 terá lugar de forma paulatina nas quendas seguintes:
Mércores 23 de setembro - Grao Elemental.
Xoves 24 de setembro - Iniciación.
Venres 25 de setembro - Grao Profesional
A enquisa autoavaliación Covid é un documento de consulta para as familias que non é necesario entregar no conservatorio.
Con anterioridade ao inicio das clases remitirase información precisa sobre protocolos a todas as familias.