HORARIO VINDEIRO CURSO 2020-2021
(Horario suxeito a posibles modificacións en función das variacións da normativa vixente)

O Conservatorio Profesional de Danza comunica a todas as familias que o inicio do curso escolar 2020/2021 terá lugar de forma paulatina nas quendas seguintes:
Mércores 23 de setembro - Grao Elemental
Xoves 24 de setembro - Iniciación
Venres 25 de setembro - Grao Profesional
A enquisa autoavaliación Covid é un documento de consulta para as familias que non é necesario entregar no conservatorio.
Con anterioridade ao inicio das clases remitirase información precisa sobre protocolos a todas as familias.