Estás en:Novas

Negreira renovará o firme das avenidas Barcala e As Brañas cos fondos do Plan único da Deputación

As obras, en fase de licitación, suporán un investimento de 187.741 euros

Negreira renovará o firme das avenidas Barcala e As Brañas cos fondos do Plan único da Deputación

O Concello de Negreira investirá 187.741,51 do Plan único (POS+2019) da Deputación da Coruña na renovación do firme das avenidas Barcala e As Brañas, no centro urbano do municipio.

As obras, en fase de licitación ata o vindeiro 5 de outubro, permitirán renovar o firme actualmente deteriorado destas céntricas rúas cunha capa de aglomerado en quente de 6 cm de espesor e rego de adherencia, o que mellorará a seguridade do tráfico.

Ademáis da renovación do pavimento, o proxecto incluirá o pintado das marcas das vías e pasos de peóns e a renovación da sinalización horizontal e vertical.

Páxinas suxeridas