Estás en:Novas

A Deputación da Coruña apoia unha nova edición da Mostra de Cinema Periférico S8

O deputado de Cultura, Xurxo Couto, participou na presentación e destacou o compromiso co sector audiovisual nun momento tan complexo

A Deputación da Coruña apoia unha nova edición da Mostra de Cinema Periférico S8

O (S8) continuará sendo tamén nesta edición un punto de encontro, de formación e de apoio a creadores e creadoras. Un ano máis, a Mostra aposta xunto por INPUT, un espazo de titorización e asesoría de proxectos cinematográficos en desenvolvemento no que os cineastas Adrián Canoura, Aldara Pagán e Ángel Filgueira poderán expoñer ante tres profesionais de prestixio internacional do ámbito do cine e das artes, desde o estado de escritura e desenvolvemento ata o de distribución. Nesta ocasión, o equipo asesor de INPUT estará formado por Alejandra Trelles, da Cinemateca Uruguaia (Uruguai); Rocío Mesa, L.A. OLA, Spanish Contemporary Cinema Showcase (Estados Unidos); e Esperanza Collado, artista, investigadora e docente (España).

Tamén está prevista a apertura da convocatoria das residencias de creación cinematográfica BAICC 2021, que a Mostra organiza en colaboración con Acción Cultural Española (AC/E) e o Liaison of Independent Filmmakers of Toronto (LIFT). A programación tamén incluirá o obradoiro Técnicas e posibilidades do cinema analóxico, impartido en liña polos australianos Richard Touhy e Dianna Barrie.

Nunha sesión presencial, os asistentes ao festival terán a oportunidade de ver o traballo de Valentina Alvarado e Carlos Vásquez nunha tripla sesión que incluirá as películas de cada un por separado, máis unha performance na que ambos conflúen nun traballo colaborativo. Esta acción de cine expandido, titulada Panacronismos, tamén poderá verse por streaming e propón unha exploración en torno ao concepto de civilización desde a oposición binaria entre natureza e cultura.

Entre a selección de pezas de Valentina Alvarado inclúese a estrea mundial presencial de Propiedades dunha esfera paralela, obra creada no marco das Residencias BAICC (colaboración entre a Mostra, (AC/E( e o LIFT) nas instalacións do LIFT de Toronto. En canto ao traballo de Carlos Vásquez, chileno afincado en Barcelona, este discorreu polos camiños do cine, a fotografía e a arte sonora. Os seus filmes móvense sen restricións entre os terreos do cine documental e o experimental, entre o 16mm e o Super8.

Pola súa parte, o traballo da portuguesa Tânia Dinis gravita sobre a memoria propia e allea e as súas confluencias, reais ou imaxinadas. Nesta sesión presencial poderemos ver algunhas películas e a adaptación da súa investigación/performance Álbums da terra. Esta acción performativa, que tamén poderá seguirse de forma en liña, parte de álbums fotográficos recompilados pola artista, obxectos nos que se acumulan as historias e recordos dunha familia.



Páxinas suxeridas