Estás en:Novas

A Deputación saca a licitación o servizo de mantemento do Teatro Colón

Este conta cun orzamento de 22.652 euros e inclúe o mantemento de ascensores, instalacións térmicas, eléctricas e de protección de incendios, equipos electrónicos, equipamento escénico e fontanería, saneamento, carpintaría e cerraxería.

As empresas poderán presentar as súas propostas de forma telemática ata o 23 de setembro

A Deputación saca a licitación o servizo de mantemento do Teatro Colón

A Deputación da Coruña anuncia a licitación do servizo de mantemento das instalacións do Teatro Colón, no Concello da Coruña, cun orzamento de 22.652,02 euros.

A contratación da actuación dividirase en seis lotes que inclúen o mantemento de ascensores; instalacións térmicas, eléctricas,de protección de incendios (PCI) e equipos electrónicos; e equipamento escénico. Os traballos tamén abarcan tarefas de fontanería, saneamento, carpintaría e cerrallaría.

Lote 1: ascensores

Lote 2: instalacións térmicas

Lote 3: instalacións eléctricas

Lote 4: instalacións de protección de incendios (PCI) e equipos electrónicos

Lote 5: equipamento escénico

Lote 6: fontanería, saneamento, carpintería, cerrallaría

Os detalles da licitación pódense consultar a través do perfil do contratante da Deputación na Plataforma de Contratación do Sector Público.

As empresas interesadas terán ata as 23:59 horas do 23 de setembro para presentar as súas propostas de forma telemática a través desta plataforma.

O prazo de execución dos servizos será ata o 31 de decembro de 2020, podendo prorrogarse ata un máximo de doce meses máis. Para máis información o ente provincial pon a disposición o teléfono 981 080 314, correspondente ao departamento de Patrimonio e Contratación.