Estás en:Novas

Lei 3/2020 Medidas procesuais e organizativas fronte á COVID-19 na Administración de Xustiza.

Xefatura do estado

Lei 3/2020, do 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de Xustiza.

https://www.boe.es/boe/dias/2020/09/19/pdfs/BOE-A-2020-10923.pdf

ASPECTOS CONTRACTUAIS Lei 3/2020, do 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de Xustiza.

1.-A Disposición final sétima modifica o art 159.4 da LCSP :
-- Disposición final sétima. Modificación da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.
Modifícanse as letras d) e f) do artigo 159.4 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que quedan redactadas do seguinte modo:
«d) A oferta presentarase nun único sobre ou arquivo electrónico nos supostos en que no procedemento non se contemplen criterios de adxudicación cuxa cuantificación dependa dun xuízo de valor. En caso contrario, a oferta presentarase en dous sobres ou arquivos electrónicos.
A apertura dos sobres ou arquivos electrónicos contendo a proposición farase pola orde que proceda, de conformidade co establecido no artigo 145 en función do método aplicable para valorar os criterios de adxudicación establecidos nos pregos. A apertura faraa a mesa de contratación á que se refire o apartado 6 do artigo 326 da presente lei.»
«f) En todo caso, a valoración á que se refire a letra anterior deberá estar efectuada con anterioridade á apertura do sobre ou arquivo electrónico que conteña a oferta avaliable a través de criterios cuantificables mediante a simple aplicación de fórmulas.
Tras a apertura do sobre ou arquivo electrónico e na mesma sesión a mesa procederá a:
1.º Logo da exclusión previa, se é o caso, das ofertas que non cumpran os requisitos do prego, avaliar e clasificar as ofertas
. 2.º Realizar a proposta de adxudicación a favor do candidato con mellor puntuación
. 3.º Comprobar no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas que a empresa está debidamente constituída, o asinante da proposición ten poder bastante para formular a oferta, ten a solvencia económica, financeira e técnica ou, no seu caso a clasificación correspondente e non está incursa en ningunha prohibición para contratar.
4.º Requirir á empresa que obtivo a mellor puntuación mediante comunicación electrónica para que constitúa a garantía definitiva, así como para que dea o compromiso ao que se refire o artigo 75.2 e a documentación xustificativa de que dispón efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato conforme o artigo 76.2; e todo iso no prazo de sete días hábiles contados desde o envío da comunicación.
No caso de que a oferta do licitador que obteña a mellor puntuación se presuma que é anormalmente baixa por darse os supostos establecidos no artigo 149, a mesa, realizadas as actuacións recolleitas nos puntos 1.º e 2.º anteriores, seguirá o procedemento establecido no citado artigo, aínda que o prazo máximo para que xustifique a súa oferta o licitador non poderá superar os cinco días hábiles desde o envío da correspondente comunicación.
Presentada a garantía definitiva e, nos casos en que resulte preceptiva, logo da fiscalización previa do compromiso do gasto pola Intervención nos termos establecidos na Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral presupostaria, nun prazo non superior a cinco días adxudicarase o contrato a favor do licitador proposto como adxudicatario, procedéndose, unha vez adxudicado este, á súa formalización.
No caso de que no prazo outorgado ao efecto o candidato proposto como adxudicatario non presente a garantía definitiva, efectuarase proposta de adxudicación a favor do seguinte candidato en puntuación, outorgándolle o correspondente prazo para constituír a citada garantía definitiva.
No caso de que o empresario teña que presentar calquera outra documentación que non estea inscrita no Rexistro de Licitadores, esta terase que achegar no prazo de sete días hábiles establecido para presentar a garantía definitiva.»
..........

2. A D: Adicional 7ª referir a estudar a posibilidade de  incorporar no réxime xurídico de obrigacións e contratos a regra rebus sic stantibus :

A Disposición adicional sétima. Cambio extraordinario das circunstancias contractuais:
-- O Goberno presentará ás Comisións de Xustiza do Congreso dos Deputados e do Senado, nun prazo non superior a tres meses, unha análise e estudo sobre as posibilidades e opcións legais, incluídas as existentes en dereito comparado, de incorporar no réxime xurídico de obrigacións e contratos a regra rebus sic stantibus. O estudo incluirá os datos dispoñibles máis significativos sobre o impacto da crise derivada da COVID-19 nos contratos privados.

Páxinas suxeridas