Estás en:Novas

O Plan Único da Deputación financia a mellora de infraestruturas en Oza-Cesuras

O municipio destina parte dos fondos do POS+2019 á mellora de estradas e camiños e novas instalación de abastecemento de auga

Construirase unha estrutura cuberta para celebrar actividades no parque da Carballeira de Porzomillos

O Plan Único da Deputación financia a mellora de infraestruturas en Oza-Cesuras

A Deputación da Coruña, a través do Plan Único, colaborará co Concello de Oza-Cesuras na mellora de distintas infraestruturas e servizos municipais.

O Concello vén de sacar a licitación pública catro obras que suporán un investimento superior aos 310.000 euros, dos que 276.000 serán achegados cos fondos deste plan provincial de apoio ás obras e servizos municipais.

Entre elas, cun investimento de 121.661 euros, destaca a creación dunha nova estrutura cuberta e aberta nos laterais para a celebración de actividades e reunións no parque da Carballeira de Porzomillos. A estrutura terá unhas dimensións de 41x22 metros e executarase en aceiro galvanizado sobre a superficie pavimentada existente.

A mellora de estradas e camiños municipais será tamén obxecto dos investimentos do Plan Único no municipio coa construción de beirarrúas e instalación de pluviais e saneamento no lugar de Vilar de Costoia (Porzomillos) e a substitución do pavimento das beirarrúas en Burricios (A Regeuira), ambas nas marxes da estrada AC-840. Levarase tamén a cabo o aglomerado de máis de 4,2 quilómetros pistas en distintos núcleos rurais do municipio coma Seixeda, Rilo, Os Currás ou Os Ferreiros.

Finalmente, acometerase a conexión da estación de bombeo da Graña á rede xeral de abastecemento de auga de Oza-Cesuras, o que permitirá dotar as vivendas da zona dun maior caudal de subministración de auga potable.

Páxinas suxeridas