Estás en:Novas

A Deputación apoia con 170.855 euros a celebración de dezaseis grandes eventos deportivos na provincia

O Pantín Classic, o campionato de España de Surf, os rallyes da Coruña, Ferrol e Terra da Auga (Arzúa), o campionato do Mundo de Enduro Indoor ou a Volta Ciclista á provincia da Coruña entre os eventos cos que colabora a área de Deportes da Deputación

A Deputación apoia con 170.855 euros a celebración de dezaseis grandes eventos deportivos na provincia

A Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión definitiva de 16 axudas económicas a outros tantos clubs, asociacións e sociedades deportivas da provincia para levar a cabo distintos eventos deportivos de singular interese nos concellos da provincia durante o ano 2020.

As achegas provinciais, incluídas nunha das múltiples liñas de subvencións ao deporte que impulsa cada ano a Deputación, acaban de publicarse no BOP e teñen como obxectivo "apoiar a celebración de grandes eventos deportivos, que reúnen a deportistas de gran nivel e que, ademais de fomentar o deporte, contribúen a proxectar a imaxe da nosa provincia a nivel nacional e internacional ", segundo destacou o deputada responsable da área de Deportes da institución provincial, Cristina Capelán.

Entre as axudas concedidas na convocatoria inclúense probas deportivas de renome coma o Pantín Classic (proba internacional da Wold Surf League) e o campionato de España de Surf celebrado na Frouxeira (Valdoviño), os Rallyes da Coruña, Ferrol e Terra da Auga (Arzúa), a Volta Ciclista á Provincia da Coruña ou o campionato do mundo de Enduro Indoor, ata outras de ámbito máis local, pero que contan cun importante nivel de participación.

Baloncesto, balonmán, surf, ciclismo e rallyes son algunhas das actividades deportivas que a Deputación financia a través desta convocatoria, na que tamén se promocionan eventos deportivos de carácter máis minoritario.

As axudas concedidas destínanse ás seguintes actividades:

Axudas para eventos deportivos singulares 

Páxinas suxeridas