A Deputación concede 45 bolsas de 3.500 euros para deportistas da provincia da Coruña
As bolsas axudan a que as persoas deportistas da provincia poidan ter acceso á mellor preparación e competir ao máis alto nivel

A Deputación da Coruña, no seu labor de promoción, difusión e apoio ao deporte coruñés, concede este ano 45 bolsas deportivas de 3.500 euros destinadas a deportistas da provincia que destaquen en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que "ademais de premiar o esforzo e a excelencia dos deportistas coruñeses, a Deputación quere colaborar con elas e eles para que poidan desenvolver todo o seu potencial, ter acceso á mellor preparación e competir ao máis alto nivel".
"As bolsas para deportistas da Deputación pretenden ser unha axuda para que estes mozos e mozas sigan colleitando éxitos para o deporte coruñés", apuntou o presidente da institución provincial.
Tamén a deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, destacou a importancia destas axudas "para apoiar o traballo diario" das persoas deportistas da provincia e darlles a oportunidade de continuar participando en competicións do máis alto nivel.
Máis bolsas e máis dotación económica
O importe destinado a bolsas para deportistas incrementouse notablemente nos últimos anos, pasando de 30 bolsas de 2.500 euros a 45 bolsas de 3.500 euros. Ademais, ampliouse tamén o rango de idades, permitindo que os deportistas de entre 24 e 30 anos poidan participar na convocatoria.
Os bolseiros/as da Deputación deben practicar un deporte que pertenza a unha das disciplinas olímpicas e a súa concesión baséase no seu historial deportivo e nos resultados obtidos en competicións autonómicas, nacionais e internacionais, así como no proxecto deportivo presentado para a tempada actual.
As bolsas divídense en tres categorías, en función da idade das persoas solicitantes:
Grupo A: 15 bolsas para deportistas de 12 a 17 anos
Grupo B: 15 bolsas para deportistas de 18 a 23 anos
Grupo C: 15 bolsas para deportistas de 24 a 30 anos.
Relación deportistas por idades
De 12 a 17 anos
Álvarez Fernández, Diego
Taekwondo
Álvarez Fernández, Martina
Surf
CouceÍnsua, Sofía
Tenis de Mesa
Cuns Iglesias, Alba
Atletismo
Fuentefría Sánchez, Ruth
Halterofilia
Hernández Núñez, María de los Ángeles
Halterofilia
Horta Pombo, CaetanoXosé
Remo
Iglesias Campos, Nerea
Loita Olímpica Feminina
López Romero, Lucía
Halterofilia
Marín Martínez, Rosalía
Natación
Mella Rodríguez, Iago
Taekwondo
Montemuíño Martínez, Irene
Taekwondo
Otero Fernández Paula
Natación
Ortega Moinelo, Nicolás
Atletismo
Romero Fernández, Noa
Taekwondo Wtf
De 18 a 23 anos
Blanco Tarela, Irene
Halterofilia
Calviño Rabón, Roi
Hípica-Salto de Obstáculos
Da Costa Piñeiro, Raquel
Piragüismo
Fernández Freire, Iván
Piragüismo
Garrido Brun, Jacobo
Natación
Iglesias Garnelo, Paula
Atletismo
Jarama Díaz, Iria
Remo Olímpico
López Iglesias, ElianNuma
Atletismo
Martínez Pachón, Gabriel
Piragüismo
Pardo dos Santos, Lorena
Taekwondo
Paz Albores, Alejandro
Taekwondo
Ramos Maneiro, Diego
Hípica
Ripoll González, Antoni
Vela
Román Sánchez, Ivanna Carolina
Atletismo
Váquez Mesías, Ángela
Remo
De 24 a 30 años
Alvariño García, Miguel Tiro con arco
Arévalo López, Carlos Piragüismo
Castro Mariño, Víctor Halterofilia
Cortijo González, Martín Surf
Fernández Rey, José Taekwondo
Gaitero Martín, Alberto Judo
Liste Viaño, Martín Halterofilia
López Marra, Iago Vela
Lorenzo Couso, Ruth Karate
Montero Gómez, Joaquín Remo
Mosquera Rial, Adrián Piragüismo
Peleteiro Brión, Ana Atletismo
Sánchez Parrondo, Carmen Atletismo
Triana López, Mauro Atletismo
Vilas Vidal, María Natación