Estás en:Novas

A Deputación da Coruña e o Consello da Cultura Galega estudan novas vías de colaboración

González Formoso recibiu á presidenta da entidade, Rosario Álvarez

A Deputación da Coruña e o Consello da Cultura Galega estudan novas vías de colaboración

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu hoxe no seu despacho da institución provincial á presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez. Na xuntanza de traballo participou tamén o deputado responsable da área de Cultura, Xurxo Couto.

Trátase da primeira reunión institucional entre os representantes de ambos os dous organismos, na que se abordou a importante acción de dinamización cultural que desenvolve a Deputación no territorio provincial e as accións do Consello da Cultura Galega como órgano de  carácter asesor e consultivo, que ten como finalidade promover, difundir, asesorar e preservar os valores culturais do pobo galego desde a súa creación, en 1983.

Na reunión tratouse a posibilidade de establecer novas vías de colaboración entre a Deputación e o Consello da Cultura, adecuadas ao escenario cultural actual, moi afectado pola pandemia sanitaria da Covid-19.

Páxinas suxeridas