Estás en:Novas

Nove meses da Marea Atlántica na Deputación (I)

Nove meses da Marea Atlántica na Deputación (I)

O 12 de xullo de 2015, a Rede, o órgano de máxima decisión da Marea Atlántica, chegou ao acordo de facilitar a investidura dun novo goberno na Deputación, conformado polo PSOE e o BNG, e que prometía renovar as políticas da institución provincial.

Naquel momento, a Marea Atlántica tomou a decisión de non entrar a formar parte do equipo de goberno, para centrarse unicamente nun labor fiscalizador e garantir que se cumpriran os compromisos adquiridos polo novo executivo.

Nas próximas datas publicaremos pequenos resumos sobre a actividade institucional do Grupo.