Estás en:Novas

Nove meses da Marea Atlántica na Deputación (II)

O resumo de nove meses de actividade institucional da Marea Atlántica comeza coa presentación das compoñentes do Grupo.

Nove meses da Marea Atlántica na Deputación (II)

As eleccións do pasado 24 de Maio de 2015 outorgaron á Marea Atlántica tres escanos na Deputación Provincial da Coruña.

A continuación, preséntanse os perfís e as declaracións de bens, así como as funcións que ocupan no grupo, de cada unha das nosas deputadas e deputado.

Claudia Delso Carreira naceu na Coruña no ano 1986. É licenciada en Historia da Arte e posgraduada en Xestión Cultural e Cooperación Internacional. A súa actividade profesional abarca dende a docencia, a producción e mediación cultural ata a coordinación e elaboración de proxectos
culturais e de cooperación a nivel nacional e internacional. 

A súa actividade social céntrase nas políticas do corpo, o teatro social e comunitario e ás metodoloxías de traballo e pensamento colectivas. É deputada do Grupo Provincial da Marea Atlántica e Concelleira de Participación, Innovación Democrática e Mocidade do Concello de A Coruña. Representa ao Grupo Provincial da Marea Atlántica nas comisións informativas de Economía, Deportes e Mocidade.

Declaración de bens.

Rocío Fraga Sáenz naceu na Coruña no ano 1976. É licenciada en Socioloxía e experta en materias de investigación e acción participativa, igualdade e emprego, a súa actividade profesional centrouse na investigación, formación e orientación en igualdade de xénero e relacións laborais.

A súa actividade social céntrase no feminismo e na defensa da igualdade efectiva entre mulleres e homes.
É deputada do Grupo Provincial da Marea Atlántica e Concelleira de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña. Representa ao Grupo Provincial da Marea Atlántica nas comisións informativas de Benestar Social, Cooperación e Promoción Económica.

Declaración de bens.

Daniel Díaz Grandío naceu na Coruña no ano 1981. Formado en enxeñaría civil e estudos do territorio. 

A súa actividade profesional centrouse na investigación a nivel académico e empresarial. A súa actividade social céntrase na defensa de novos modelos de mobilidade.
Actualmente exerce como Portavoz do Grupo Provincial da Marea Atlántica e concelleiro de Mobilidade Sostíbel do Concello da Coruña. Representa ao Grupo Provincial da Marea Atlántica nas comisións informativas de Cultura, Contratación e Infraestructuras Viarias.

Declaración de bens.