Estás en:Novas

A Deputación da Coruña contribúe cos servizos de normalización lingüística de 52 concellos

Un total de 52 concellos recibirán subvención da Deputación da Coruña para a creación, o mantemento e o reforzo dos servizos de normalización lingüística durante 2016. A resolución saíu publicada no BOP do 4 de maio que recolle a distribución dun orzamento que triplica o destinado para este fin no anterior exercicio.

O BOP do 4 de maio publica a resolución da concesión definitiva de subvencións a 52 concellos e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, o mantemento e o reforzo dos servizos de normalización lingüística durante o 2016.

Os concellos da Coruña, Ferrol e Santiago reforzarán o SNL xa existente coa contratación de novo persoal, o mesmo que Brión, Cedeira, Noia, Oroso, Porto do Son, Rianxo, Sada e Vimianzo. O resto dos concellos con esta axuda poderán manter o SNL xa existente.

Cada concello, ou agrupación de concellos ata chegar aos 7000 habitantes, recibirá unha axuda de 12.000 euros o que supón un investimento en normalización lingüística de 432.000 euros.

Na seguinte ligazón pódese consultar a resolución publicada no BOP
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/05/04/2016_0000003430.pdf

"As administracións locais xogan un papel fundamental, principalmente por seren as administracións máis próximas, e as que desenvolven accións e xestionan os servizos á rente da veciñanza co cal son de especial relevancia para dar pasos adiante no proceso de normalización da nosa lingua, sinalou Goretti Sanmartín, responsábel da área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña para que, por esta razón, " a Deputación quere apoiar o desenvolvemento de medidas normalizadoras desde os propios concellos, por
responsabilidade social".

Un total de 432.000 €, tres veces máis que no anterior exercicio, é o orzamento que a Deputación da Coruña destina aos servizos de normalización lingüística dos concellos, nunha convocatoria en que se presentaron 38 solicitudes fronte ás 25 do ano anterior. Boa parte do incremento está investido en duplicar a cantidade que recibe cada un dos concellos para o pagamento do persoal técnico de normalización lingüística. Pásase, neste sentido, dos 6.000 euros de convocatorias anteriores aos 12.000 desta edición.

Páxinas suxeridas