Estás en:Novas

A Deputación inviste 186.165 euros na construción de sendas e mellora de camiños en Boqueixón

O ente provincial financiará a través do Plan único a creación dunha senda peonil de Lamas a Rodiño co obxectivo de incrementar a seguridade nunha vía moi transitada e dar continuidade ao camiño xa executado en Lamas.

Tamén se levarán a cabo traballos de pavimentación na Pena e no camiño de Lamas á Igrexa. Neste último lugar tamén se creará unha senda.

A Deputación inviste 186.165 euros na construción de sendas e mellora de camiños en Boqueixón

A Deputación da Coruña mellorará a seguridade viaria no concello de Boqueixón coa construción de sendas e pavimentación de camiños. As obras, en fase de licitación, financiaranse a través do Plan Único do ente provincial, contado cun orzamento total de 186.165,18 euros.

Entre as actuacións, construirase unha senda peonil de Lamas a Rodiño, que permitirá incrementar a seguridade dunha vía moi transitada, tanto por tráfico rodado como peonil, e dar continuidade á senda xa executada en Lamas. O camiño de formigón e lastre estará dividido en cinco treitos. Por unha banda de 65x2 e 100x1,8 metros pola marxe esquerda, e por outra, de 100x2, 230x1,8 e 35x2 metros pola marxe dereita.

Así mesmo, dentro desta actuación realizaranse tarefas de mellora da recollida de pluviais coa instalación de 15 arquetas con sumidoiro,  executaranse 3 pozos de rexistro e canalizarase a iluminación pública. Tamén se colocarán 30 balizas para a iluminación da senda pola marxe esquerda.

A iniciativa contará cun orzamento de 110.253,25 euros con cargo ao Plan Único da Deputación. As empresas interesadas na obra, en fase de licitación, poderán presentar ofertas ata o 30 de novembro de 2020. A actuación conta cun prazo de execución de 6 meses.

Dentro das melloras da seguridade neste municipio, tamén se mellorará o camiño de Lamas á Igrexa e do lugar de Pena, contando estas actuacións cun orzamento de 75.911,93 euros con cargo ao Plan Único.

Así pois, levarase a cabo unha senda peonil de 300 metros no camiño de Lamas á Igrexa. Os 375 metros de lonxitude e 4,5 metros de ancho da vía tamén serán mellorados cunha nova capa de rodaxe.

Dentro dos servizos,canalizaranse 120 metros de augas pluviais mediante tubo PCV e 300 metros para iluminación pública. Tamén se abrirán gabias e limparanse para unha correcta drenaxe. Por outra banda, tamén se mellorará o mobiliario da contorna coa instalación de dous bancos de pedra e de 45 metros de valo de madeira.

Para finalizar, levaranse a cabo tarefas de pavimentación dunha vía cunha lonxitude de 100 metros e unha anchura de 3,5 metros na Pena. Neste lugar tamén se mellorará a drenaxe coa apertura e limpeza de gabias e adaptaranse pozos e arquetas á nova rasante.

Estas dúas últimas actuacións contan cun prazo de execución de 6 meses e as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 30 de novembro

Páxinas suxeridas