Estás en:Novas

Medidas urxentes de apoio á solvencia empresarial e ao sector enerxético, e en materia tributaria.

Xefatura do Estado

Real decreto-lei 34/2020, do 17 de novembro, de medidas urxentes de apoio á solvencia empresarial e ao sector enerxético, e en materia tributaria.

Artigo 6. Tipo impositivo aplicable do imposto sobre o valor engadido ás entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias de bens necesarios para combater os efectos da COVID-19.
Con efectos desde o 1 de novembro de 2020 e vixencia ata o 30 de abril de 2021, aplicarase o tipo do 0 por cento do Imposto sobre o valor engadido ás entregas de bens, importacións e adquisicións intracomunitarias de bens referidos no anexo desta Real decreto-lei cuxos destinatarios sexan entidades de dereito público, clínicas ou centros hospitalarios, ou entidades privadas de carácter social a que se refire o apartado tres do artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido. Estas operacións documentaranse en factura como operacións exentas

Artigo 10. (Liquidacións PÉ 2018).
Aplicación ás Administracións Territoriais de determinadas normas da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018.
1. Para os efectos da aplicación dos artigos 111 a 125 e 135 a 146 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, considerarase prorrogada para 2020 a vixencia do artigo 99 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018, substituíndo as mencións ao ano 2016 polo ano 2018 e considerando os artigos 100 a 103, 105 e 106, 108 a 111, 113 e 115 desta última norma, en lugar dos preceptos que se citan da Lei 48/2015, do 29 de outubro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2016. 2. Para os efectos da aplicación do artigo 121 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, considerarase prorrogada a vixencia da disposición adicional centésima décima primeira da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, substituíndo as mencións ao ano 2016 polo ano 2018.

https://www.boe.es/boe/dias/2020/11/18/pdfs/BOE-A-2020-14368.pdf

Páxinas suxeridas