Estás en:Novas

Europe Direct A Coruña organiza a xornada “Muller rural na UE”

Terá lugar o vindeiro 24 de novembro 

Europe Direct A Coruña organiza a xornada “Muller rural na UE”

Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, organiza a xornada "Muller rural na UE", un evento en liña de información e debate para poñer en valor as mulleres rurais. Contará coa participación de María Andrés, directora da Oficina do Parlamento Europeo en España e María Gafo, xefa adxunta de unidade na Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea.

Este acto, organizado conxuntamente por Europe Direct A Coruña, Europe Direct Albacete, Europe Direct Extremadura e Europe Direct Castellón, celébrase o vindeiro día 24 de novembro de 2020, de 11:00 a 12.20 horas, a través dunha plataforma dixital.

A xornada "Muller Rural na UE" está aberta a todas as asociacións agrarias e asociacións de mulleres rurais, así como a mulleres rurais emprendedoras e a mulleres beneficiarias de fondos europeos dos territorios de referencia dos organizadores.

María Andrés, directora da Oficina do Parlamento en España, achegará a visión do papel da muller rural na Unión Europea e da man de María Gafo, xefa adxunta de Unidade na Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea descubriremos a "Visión a longo prazo das zonas rurais. Oportunidades para a muller rural". A xornada inclúe un foro debate que permitirá fomentar a rede e o intercambio de experiencias entre as mulleres rurais participantes.

Para a inscrición ou información complementaria, contacte en europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.
Máis información dispoñible en www.dacoruna.gal/europedirect