Estás en:Novas

Modificación das bases reguladoras de subvencións para infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos dos servizos municipais

Xunta de Galicia

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 19 de novembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2020, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (Diario Oficial de Galicia número 247, do 30 de decembro).

Artigo único. Modifícase o artigo 17.1 da Orde do 12 de decembro de 2019, que queda redactado nos seguintes termos: «1. As entidades beneficiarias terán de prazo para executar as actuacións subvencionadas e presentar a documentación xustificativa ata o 30 de novembro de 2020».

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201120/AnuncioG0595-191120-0004_gl.pdf

Páxinas suxeridas