Estás en:Novas

A Deputación financia a través do Plan Único un proxecto para dar continuidade á rede de saneamento na Cancela Abrea, en Dodro

A actuación, que sae a licitación cun orzamento de 47.374,15 euros, inclúe a instalación das tubaxes, a instalación dun pozo de bombeo e a reposición do pavimento afectado

O Plan Único financia este ano 65 obras de construción de redes de abastecemento e saneamento de auga nos municipios da provincia da Coruña

A Deputación financia a través do Plan Único un proxecto para dar continuidade á rede de saneamento na Cancela Abrea, en Dodro

A Deputación da Coruña financia a través do Plan Único un proxecto para dar a continuidade á rede de saneamento no lugar da Cancela Abrea, no Concello de Dodro.

A actuación ven de saír a licitación no Plataforma de Contratación do Estado e conta cun orzamento de 47.374,15 euros, que serán financiados na súa totalidade a través do Plan Único (POS+2019) da Deputación da Coruña.

Os traballos contemplados inclúen a canalización de 220 metros de tubaxe de PVC con 8 pozos de rexistro e a execución dunha rede de impulsión de 650 metros coa instalación dun pozo de bombeo, todo isto previa escavación correspondente. Ao remate da obra, está prevista a reposición de todo o pavimento afectado.

Das 319 obras que este ano financia o Plan Único da Deputación nos concellos da provincia, un total de 65 son para proxectos de construción de redes de abastecemento e saneamento de auga nos municipios da provincia da Coruña.

Estas obras relacionadas co ciclo da auga supoñen un investimento de algo máis de 7 millóns de euros.

O prazo para a execución dos traballos é de 6 meses e o último día para que as empresas presenten as súas ofertas ao proceso de licitación é o 10 de decembro.

Páxinas suxeridas