Estás en:Novas

Cambre formaliza a súa adhesión á Central de Contratación da Deputación da Coruña

O presidente provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, asinaron o acordo, que ten unha vixencia de catro anos

O convenio permitirá a Cambre obter condicións económicas máis vantaxosas e simplificar a tramitación administrativa na adquisición de bens e servizos

Cambre formaliza a súa adhesión á Central de Contratación da Deputación da Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, formalizaron esta semana a adhesión do municipio cambrés á Central de Contratación do ente provincial. A medida xa foi aprobaba no pleno de outubro de 2019 e a súa oficialización dependía unicamente da sinatura do convenio entre os representantes de ambas as dúas administracións.

A adhesión de Cambre a esta plataforma permítelle obter condicións económicas máis vantaxosas e, polo tanto, reducir o gasto público. Por outra banda, suporá unha simplificación da tramitación administrativa na adquisición de bens e servizos, potenciando ao mesmo tempo a transparencia e seguridade durante o proceso.

O convenio asinado esta semana ten unha vixencia inicial de catro anos, aínda que pode prorrogarse por outros catro.

Páxinas suxeridas