Estás en:Novas

A Deputación financia a través do Plan Único un proxecto para construír beirarrúas na Travesía Abeleira, en Cerceda

A actuación, que sae a licitación cun orzamento de 47.360 euros, inclúe tamén a instalación dunha tubaxe para a recollida de pluviais e da canalización para a iluminación pública

A Deputación financia a través do Plan Único un proxecto para construír beirarrúas na Travesía Abeleira, en Cerceda

A Deputación da Coruña financia a través do Plan Único un proxecto para construír novas beirarrúas na Travesía Abeleira, no Concello de Cerceda.

A actuación ven de saír a licitación no perfil de contratante do Concello e conta cun orzamento de 47.360 euros, financiados na súa totalidade a través do Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña.

A través deste proxecto construiranse 260 metros lineais de beirarrúa de 1,80 metros de ancho, con bordo de formigón prefabricado. Previamente instalarase unha tubaxe de PVC xunto con 7 arquetas con sumidoiro e outros 7 pozos para a recollida de augas pluviais e tamén a canalización para a iluminación pública. Ao remate da obra, está prevista a reposición de todo o pavimento afectado.

O prazo para a execución dos traballos é de 6 meses e o último día para que as empresas presenten as súas ofertas ao proceso de licitación é o 3 de decembro.

Páxinas suxeridas