Estás en:Novas

A Deputación homenaxea as Irmandades da Fala cunha ofrenda floral no lugar en que se fundaron hai hoxe cen anos

A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín e Elvira Varela Bao, filla de Elvira Bao e Bernardino Varela, ademais doutros familiares de membros das Irmandades da Fala conmemoraron o centenario da súa creación cunha ofrenda floral diante do edificio da rúa Rego de Auga en que tivo lugar a xuntanza fundacional.

"Esta homenaxe quere tamén amosar o noso desexo de que os seus ideais se cumpran. Precisamos recoller as súas propostas polo futuro da lingua, que é o futuro do país", sinalou a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, na ofrenda floral que se celebrou como homenaxe ás Irmandades da Fala diante do edificio en que se desenvolveu a súa xuntanza fundamental, no número 38 da coruñesa rúa de Rego de Auga hai xusto un ano.

Canda Goretti Sanmartín, participaron no acto Elvira Varela Bao, filla de Elvira Bao e Bernardino Varela, e outros familiares de membros das Irmandades da Fala como Manuel Lugrís, neto de Manuel Lugrís, Pablo González Mariñas, sobriño de Jenaro Marinhas del Valle e Alfonso Posse, cuñado de Álvaro Cebreiro, ademais de representantes de entidades e asociacións como A.C. Alexandre Bóveda, CRMH A Coruña, AS-PG, ou Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.

"Quero comezar por reivindicar algún dos seus principios como autonomía integral para Galiza, en tempos en que se anuncian recortes de competencias, ingreso de Galiza na Liga das Nacións, cooficialidade real, igualdade de verdade, entre galego e español, igualdade de dereitos para as mulleres ou, entre outras, soberanía estética de Galiza", defendeu Goretti Sanmartín no acto en que, entre outros e outras, lembrou o papel fundamental de Ramón e Antón Vilar Ponte, e quixo facer especial fincapé ás mulleres que formaron parte do movemento e que case nunca aparecen no relato histórico, entre elas, as coruñesas María Miramontes, Elvira Bao, Amparo López Jean ou Teresa e Micaela Chao Manciñeira, que viviron tamén na cidade.

Diante do edificio que ten unha fronte na Rúa da Franxa e outra na Rúa Rego de Auga en que se desenvolveu a xuntanza fundacional, Goretti Sanmartín destacou o especial eco que o movemento tivo nos concellos da Coruña e dedicoulle a homenaxe moi especialmente a Alfredo Somoza, activo membro das Irmandades que tomou posesión do cargo de presidente da Deputación da Coruña en maio de 1931.

"Partillei moito tempo a falar con Teresa Vilar Chao, filla de Ramón, memoria desa época que seu pai viviu no presente, negándose a aceptar o significado da represión posterior ao golpe militar de 1936. Queremos facer memoria de todos os homes e mulleres deste momento, como Antón Vilar Ponte, que viviu na mesma rúa da Franxa, paralela a esta en que nos encontramos", destacou Goretti Sanmartín.

Recuperar a historia e difundila

A tamén responsábel da área de Cultura explicou no acto que a vontade de recuperar e transmitir a historia das Irmandades ao público materializarase por parte da Deputación da Coruña en distintas iniciativas e no apoio a colectivos e entidades que están a colaborar o centenario. En especial, referiuse á exposición que se inaugurará a comezos do mes de xuño e que se organiza xunto coa Real Academia Galega e o Museo do Pobo Galego co título "Saúde e terra, irmá(n)s!" e no apoio a actos e iniciativas como ás da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Cántigas da Terra ou Ora Galega.

Pola súa parte, Elvira Varela Bao, como memoria viva das Irmandades ás que pertencían seu pai e súa nai, defendeu a necesidade de recoñecer o seu importante legado. "Todo o que temos foi grazas a eles que sementaron e a nós tócanos recoller e seguir sementando", sinalou Elvira Varela para quen, os membros das Irmandades, "vivián para iso, para reivindicar o idioma, para o que nós temos tamén que seguir traballando".

Páxinas suxeridas