Estás en:Novas

A Deputación convoca o premio mellor dotado de narrativa en galego

A vicepresidenta da Deputación e responsable da área de Cultura, Goretti Sanmartín, presentou en roda de prensa algunhas das principais novidades da área que supoñen as modificacións das bases dos premios culturais coa reformulación do premio Torrente Ballester creando dúas modalidades, unha en galego e outra en castelán, e as novas liñas de subvencións en concorrencia competitiva.

Os premios e as novas liñas de subvención da área de Cultura son xa oficiais ao se publicaren nos BOP dos días 18 e 19 de maio e supoñen importantes cambios a respecto da política cultural da Deputación da Coruña. Así o explicou en rolda de prensa a responsábel da área e vicepresidenta Goretti Sanmartín que destacou a creación de dúas modalidades do Premio Torrente Ballester de narrativa, unha en galega e outra en castelán, dotadas con 25.000 euros.

A área de Cultura convocou oficialmente os premios Castelao de banda deseñada, González Garcés de poesía, o Jesús Núñez de artes gráficas, o Fraguas de artesanía, o Certame Musical e dúas modalidades de narrativa, o Torrente Ballester en galego e o Torrente Ballester en castelán. O prazo de entrega dos traballos será o 30 de xuño, excepto o Jesús Núñez que remata o 30 de xullo. A creación das dúas modalidades de narrativa, dotadas con 25.000 €, é unha das principais novidades da convocatoria que conserva a edición do xa clásico premio que vai pola 38 como referente nos diversos países de fala hispana cunha ampla participación mais diferénciase da convocatoria para obras escritas en galego. "Era unha demanda do mundo literario que reclamaba unha convocatoria dedicada a promover e recoñecer a creación literaria de narrativa en galego. Consideramos necesario botar a andar un novo premio en galego, coa mesma dotación, que poña á literatura galega en pé d eigualdade coa literatura castelán", explicou Goretti Sanmartín.

Ademais, as novas bases eliminan os comisariados que existían en anteriores convocatorias. A partir de agora, será o propio servizo o que asuma a coordinación organizativa dos premios, pasando as persoas que anteriormente ocupaban os comisariados recibiron o convite para formar parte dos distintos xurados e propoñer novas actividades paralelas vinculadas tanto ás presentacións como a iniciativas expositivas, formativas ou divulgativas para o que si se contará coa participación de persoal especializado nas distintas disciplinas artísticas. "Queremos que, de cara o futuro, os premios desenvolvan máis esa parte de impacto e aproveitamento na dimensión formativa, expositiva e divulgativa", explicou Goretti Sanmartín.

Os premios entregaranse nunha gala coa que a Deputación da Coruña homenaxeará tamén ao poeta Miguel González Garcés de quen este ano se cumpre tamén o centenario do nacemento.

Liñas de subvención dunha nova política cultural

A responsábel da área de Cultura referiuse tamén na súa intervención ás novas liñas de subvención que saíron publicadas este mesmo xoves día 19 de maio e que supoñen, segundo apuntou, "un novo modelo de política cultural xa que mudan as subvencións nominatvas por liñas de axudas en concorrencia competitiva, con criterios obxectivos de reparto dos orzamentos públicos".

Festivais, museos e centros de interpretación, fundacións e entidades de cultura tradicional e popular serán as beneficiarias dun orzamento de 2.250.000 € nas liñas recén publicadas que teñen como obxectivo, en palabras de Goretti Sanmartín, "contribuír desde o ámbito cultural á creación de emprego que se derivará das propias liñas de axuda", Neste sentido, referiuse, como exemplo, á liña destinada a museos e centros de interpretacións que está orientada á contratación de persoal así como outras que apoiarán o traballo en festivais, as fundacións culturais e as entidades de cultura popular e tradicional.

A responsábel da área de Cultura destacou que as novas liñas apostan por unha baremación obxectiva e eliminan o interese provincial co fin de poñer fin á discrecionalidade da xestiónd os cartos públicos. Apuntou ademais que se crearán comisións de valoración coa participación de responsábeis dos propios sectores culturais.

A área de Cultura da Deputación destina 500.000 € para contratación de persoal para a atención ao público en museos e centros de interpretación: 525.000 € para apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas promovidos por concellos ou entidades sen fin de lucro. As corais, bandas de música popular e entidades de música e baile tradicional recibirán 375.000 € tanto para o desenvolvemento das súas actividades, proxectos ou eventos como para investimentos. Finalmente, as fundacións do ámbito cultural poderán optar a 850.000 € co fin de apoiar os seus proxectos e actividades culturais para o ano 2016.

Páxinas suxeridas