Estás en:Novas

Ana Lamas destaca o gran traballo dos educadores sociais no apoio e integración dos colectivos máis vulnerables

A deputada de Benestar Social e o deputado de Economía reuníronse coa directiva do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais

Ana Lamas destaca o gran traballo dos educadores sociais no apoio e integración dos colectivos máis vulnerables

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, e o deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, mantiveron unha reunión coa vicepresidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, Natalia Domínguez, e a vogal da entidade colexial, Sonia González.

Ana Lamas destacou o importante papel que desenvolven estes profesionais no apoio e integración social dos colectivos máis vulnerables. "Un papel esencial, que entendemos que agora é máis importante que nunca para facer fronte aos efectos da pandemia", apuntou Ana Lamas, que destacou que a Deputación está facendo un esforzo extraordinario tanto na área social como na de emprego para paliar os efectos da crise.

A deputada afirmou que a reunión serviu "para estreitar lazos de colaboración" entre a Deputación e o Colexio de Educadores Sociais e para "escoitar a opinión destes profesionais, que teremos en conta para a acción futura do goberno provincial no eido social e en ámbitos especialmente sensibles

Páxinas suxeridas