Estás en:Novas

A comunidade de augas “Fonte do Castro” de Corcoesto (Cabana de Bergantiños), primeira de Galicia en delegar a súa recadación na Deputación

O servizo de Recadación da Deputación, pioneiro en dar servizo a este tipo de comunidades

A comunidade de augas abastece de auga do manancial de Fonte do Castro a 76 vivendas da zona e renovou a súa rede de abastecemento con axudas da Deputación

A comunidade de augas “Fonte do Castro” de Corcoesto (Cabana de Bergantiños), primeira de Galicia en delegar a súa recadación na Deputación

A comunidade de augas "Fonte do Castro" de Corcoesto (Cabana de Bergantiños) encomenda a recadación á Deputación da Coruña.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, e o representante da entidade, José Luís Vázquez Varela, asinaron o acordo polo que esta comunidade de augas de Cabana de Bergantiños será a primeira de Galicia que contará cunha recadación tributaria profesionalizada a través dos servizos da institución provincial coruñesa.

A comunidade de augas toma auga do manancial de Fonte do Castro desde hai máis de sesenta anos e distribúea a través dunha rede de abastecemento comunitaria, autorizada por Augas de Galicia e renovada integramente nos últimos anos con axudas da Deputación, que da servizo 76 vivendas da zona.

Grazas a este acordo pioneiro, a comunidade delega no servizo de Recadación da Área Tributaria da Deputación o cobro en período voluntario e executivo dos ingresos de dereito público da entidade. O acordo ten unha vixencia de catro anos, que poderá prorrogarse por outros catro co acordo mutuo das dúas partes.

Páxinas suxeridas