Estás en:Novas

A Deputación destina 700.000 euros para apoiar as entidades de servizos sociais nos seus investimentos en 2021

O BOP publica hoxe as bases reguladoras da convocatoria, que permitirá a adquisición de mobiliario e aplicacións informáticas ou a ampliación e acondicionamento dos centros, entre outros gastos

A Deputación destina 700.000 euros para apoiar as  entidades de servizos sociais nos seus investimentos en 2021

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar hoxe as bases reguladoras da convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña para financiar os investimentos de entidades no eido dos servizos sociais no ano 2021, que nesta ocasión conta cun orzamento de 700.000 euros.

A través desta liña de axudas as entidades adxudicatarias financiarán proxectos para a adquisición de mobiliario, investimentos en aplicacións informáticas, ampliación ou acondicionamento dos seus centros de traballo e a compra de maquinaria ou ferramentas, entre outros gastos subvencionables.

As entidades que poderán beneficiarse desta convocatoria son as que traballan en áreas como familia, infancia e mocidade, persoas maiores, diversidade funcional, drogodependencia e outros trastornos aditivos, minorías étnicas e inmigración e persoas en risco de exclusión ou especiais dificultades de inserción social e laboral.

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, destacou o importante traballo que desenvolven as entidades sociais da provincia e sostivo que, con esta liña de axudas, a Deputación pretende axudalas a mellorar as súas condicións de traballo.

Páxinas suxeridas