Estás en:Novas

Marea Atlántica aposta por un ferrocarril público e social.

Marea Atlántica defenderá no pleno do mes de Maio unha moción da Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e As Mariñas.

Marea Atlántica aposta por un ferrocarril público e social.

No Pleno ordinario do mes de Maio o Grupo Provincial de Marea Atlántica defenderá unha moción en defensa do transporte público e social. Neste caso, a Marea Atlántica será a voz da Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e As Mariñas.

A moción rexistrada solicita a derogación daquelas medidas consideradas lesivas para o mantemento do ferrocarril, unha ampliación en horarios do tren Coruña-Ferrol, a ampliación da rede ferroviaria a localidades como Oza, Cesuras e a conexión coa provincia de Lugo, así como a implicación de todos os Concellos da provincia en dita defensa.

O obxectivo da plataforma é a defensa dun sistema de transporte que consideran "fundamental" para a vertebración social e territorial de Galicia, pero que nos últimos anos vese ameazado polo encarecemento, a reducción de persoal, horarios e servizos e a súa progresiva substitución polo vehículo privado.

Neste link atópase o manifesto fundacional da Plataforma en Defensa do Tren A Coruña-As Mariñas:

https://defensatren.wordpress.com/manifesto/