Estás en:Novas

A Deputación difunde na rede dous videopoemas colectivos de Manuel María

A área de Cultura da Deputación da Coruña difunde na rede dous videopoemas colectivos,elaborados dentro do programa "Manuel María somos nós" co que homenaxeou e difundiu a obra do autor a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas.

O videopoema colectivo #OMeuManuelMaría e o videopoema documental "De oficio poeta" xa están na rede para contribuír a difundir e homenaxear a figura do escritor Manuel María, autor protagonista do Día das Letras Galegas deste ano.

#OmeuManuelMaría, videopoema colectivo, é o resultado dunha convocatoria enviada mediante redes sociais, que propoñía ás persoas participantes gravarse recitando o poema "Galiza", de Manuel María. Unha vez compartido ese vídeo en redes co cancelo #OMeuManuelMaría, ou ben enviado por canles coma youtube, email ou dropbox, realizouse unha recopilación e montaxe de todas as achegas. Así, o vídeo resultante é un recitado colectivo en formato audiovisual do poema "Galiza". Especial repercusión tivo o proxecto no ámbito educativo e na mocidade, destinataria privilexiada do proxecto

A Deputación difunde na rede dous videopoemas colectivos de Manuel María

A área de Cultura da Deputación da Coruña difunde na rede dous videopoemas colectivos,elaborados dentro do programa "Manuel María somos nós" co que homenaxeou e difundiu a obra do autor a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas.

O videopoema colectivo #OMeuManuelMaría e o videopoema documental "De oficio poeta" xa están na rede para contribuír a difundir e homenaxear a figura do escritor Manuel María, autor protagonista do Día das Letras Galegas deste ano.

#OmeuManuelMaría, videopoema colectivo, é o resultado dunha convocatoria enviada mediante redes sociais, que propoñía ás persoas participantes gravarse recitando o poema "Galiza", de Manuel María. Unha vez compartido ese vídeo en redes co cancelo #OMeuManuelMaría, ou ben enviado por canles coma youtube, email ou dropbox, realizouse unha recopilación e montaxe de todas as achegas. Así, o vídeo resultante é un recitado colectivo en formato audiovisual do poema "Galiza". Especial repercusión tivo o proxecto no ámbito educativo e na mocidade, destinataria privilexiada do proxecto.

"De oficio poeta" trátase, pola súa parte, dunha ollada experimental á obra de Manuel María, cun formato curto e unha linguaxe que camiña entre o documental e a videopoesía. Conta coa colaboración de persoas próximas a Manuel María: Pilar Pallarés, Xulio L. Valcárcel, Felipe-Senén, Uxía, Margarita Ledo e Mercedes Queixas Zas. No videopoema, Manuel María fala a través dos seus propios poemas e a partir de obxectos que dalgún xeito o representan.

"O programa ten nestes videopoemas un epílogo vivo, que continuará achegando a través das redes a figura e obra de Manuel María, en especial, nas novas xeracións que é cara onde quixemos incidir co proxecto da área de Cultura da Depuatción, con iniciativas tamén como o fotocol participativo ou o obradoiro", explicou Goretti Sanmartín, responsábel da área de Cultura da Deputación

As ligazóns dos videopoemas son as seguintes:
"De oficio poeta": https://www.youtube.com/watch?v=DEcuG4jl_xY
"De oficio poeta" subtitulado para persoas xordas:  https://www.youtube.com/watch?v=TNYBdYeZeQI

#OMeuManuelMaría: https://www.youtube.com/watch?v=ql43auP4Rvk

Páxinas suxeridas