Estás en:Novas

Ana Lamas destaca a actividade da Asociación Aurega para detectar e potenciar o talento dos nenos e nenas con altas capacidades

A deputada de Benestar Social reuniuse en Narón coa directiva da entidade

Ana Lamas destaca a actividade da Asociación Aurega para detectar e potenciar o talento dos nenos e nenas con altas capacidades

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, visitou en Narón a Asociación Aurega, dedicada a dar información, asesoramento e axuda ás familias de nenas e nenos con altas capacidades.

O presidente da entidade, Marcos Antonio Castro, e os membros da directiva explicaron á deputada as diferentes actividades e obradoiros que desenvolven para detectar e estimular o talento dos pequenos, moitos deles coa colaboración da Deputación da Coruña.

Ana Lamas destacou o gran traballo que realiza a asociación e incidiu na importancia de traballar coordinadamente coas comunidades educativas dos centros escolares para aproveitar o potencial do alumnado con altas capacidades.

"Moitas veces asociamos as altas capacidades a un alto rendemento escolar, e non sempre é así. Por iso é importante detectar e saber enfocar a aprendizaxe destes nenos e nenas, tanto na familia coma na escola. Neste eido, Aurega está realizando un gran traballo", sostivo Ana Lamas.

Páxinas suxeridas