Estás en:Novas

Deputación apoia con 58.000 euros o financiamento das actividades da Aula da Natureza no Museo Etnográfico de Mesía

Deputación apoia con 58.000 euros o financiamento das actividades da Aula da Natureza no Museo Etnográfico de Mesía

A Deputación da Coruña apoia con 58.277,40 euros o Concello de Mesía para o financiamento da programación anual que se leva a cabo na Aula da Natureza do Museo Etnográfico das Brañas de Valga durante o ano 2021.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde do Concello de Mesía, Mariano Iglesias, asinaron o convenio de colaboración entre ambas entidades, aprobado por unanimidade no pleno provincial da sesión do 30 de decembro.

A Deputación apoia así a programación de actividades con 58.277,40 euros, un 80% do orzamento total que o Concello dispón para este fin, que ascende a 72.846,75 euros, e que inclúe ao longo do ano unha ampla programación de cursos, conferencias, obradoiros, exposicións, xornadas, visitas...

González Formoso destacou o "gran labor divulgativo que leva a cabo o Concello de Mesía a través desta Aula da Natureza e tamén no ámbito educativo xa que, ano tras ano, achéganse ata alí centos de escolares para coñecer mellor a contorna que os rodea".

Pola súa banda, Mariano Iglesias agradeceu a colaboración económica da Deputación "para facer posible esta programación nunha instalación pola que desde o Concello apostamos moi forte xa que nos achega un gran valor educativo e tamén medioambiental".

Páxinas suxeridas