Estás en:Novas

Os concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal recibirán 12,6 millóns do Plan Único 2021

Os municipios da área recibirán entre 303.000 e 1,5 millóns de euros e teñen ata o 5 de febreiro para formular as súas solicitudes

2,7 millóns serán destinados a financiar o aumento do gasto social derivado da pandemia

Os concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal recibirán 12,6 millóns do Plan Único 2021

Os concellos da provincia da Coruña teñen ata o día 5 de febreiro para presentar os proxectos nos que queren investir os fondos que a Deputación da Coruña destina este ano aos municipios coruñeses na primeira achega do Plan Único (POS+2021).

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, lembrou que o Plan Único incrementa este ano o seu orzamento inicial un 37%, pasando dos 47,2 millóns de 2020 aos 64,6 millóns de euros de orzamento inicial este ano, co obxectivo de impulsar a reactivación social e económica nos municipios da provincia.

Un Plan Único máis social

O presidente subliñou ademais que o Plan Único presenta importantes novidades este ano, como os 14 millóns de euros do POS Social incluídos no orzamento, que serán destinados en exclusiva a financiar o aumento dos gasto social dos concellos debido á pandemia da Covid-19. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos poden destinar estes fondos.
As achegas destinadas aos concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal oscilan entre os 303.097 € que percibirá Moeche e os 1.533.675 de Narón. En total, a achega inicial do POS+2021 distribuirá máis de 12,6 millóns de euros entre os municipios da área, dos que preto de 2,7 millóns destinaranse a gastos sociais e 9,9 a financiar gasto corrente, obras e investimentos ou amortización de débeda, en función das necesidades concretas de cada municipio.

O Plan Único ofrece aos concellos total liberdade á hora de decidir en qué investir os fondos que lles achega a Deputación, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.

Desde a súa creación en 2017, o Plan Único financiou 2.257 obras nos 93 concellos da provincia; contribuíu a sanear as economías dos concellos, reducindo a súa débeda en máis de 11 millóns de euros e converteuse nunha ferramenta imprescindible para a mantemento de numerosos servizos básicos municipais.

Agora o Plan adáptase á difícil situación que atravesamos debido á pandemia, incrementando o seu orzamento en 17,4 millóns para favorecer a reactivación económica e destinando un de cada cinco euros a gasto social, unha das partidas nas que os concellos viron incrementado o seu esforzo inversor durante o último ano, co obxectivo de non deixar a ninguén atrás na saída da crise.

 

CONCELLO

Investimentos, Gasto corrente e Amortización de débeda

 

 

Gastos sociais

 

TOTAL

 

Ares

 

268.537,77 €

 

81.373,11 €

 

349.910,88 €

 

Cabanas

 

285.337,09 €

 

79.563,28 €

 

364.900,37 €

 

Capela (A)

 

269.725,10 €

 

71.181,86 €

 

340.906,96 €

 

Cedeira

 

479.398,54 €

 

135.478,62 €

 

614.877,16 €

 

Cerdido

 

306.215,82 €

 

66.727,54 €

 

372.943,36 €

 

Fene

 

543.978,53 €

 

143.700,24 €

 

687.678,77 €

 

Ferrol

 

477.554,28 €

 

158.120,57 €

 

635.674,85 €

 

Mañón

 

360.603,90 €

 

94.554,66 €

 

455.158,56 €

 

Moeche

 

232.690,87 €

 

70.406,86 €

 

303.097,73 €

 

Monfero

 

671.025,33 €

 

155.923,62 €

 

826.948,95 €

 

Mugardos

 

301.316,08 €

 

81.268,20 €

 

382.584,28 €

 

Narón

 

1.193.636,45 €

 

340.038,26 €

 

1.533.674,71 €

 

Neda

 

264.310,42 €

 

79.224,16 €

 

343.534,58 €

 

Ortigueira

 

884.473,90 €

 

240.842,31 €

 

1.125.316,21 €

 

Pontedeume

 

355.222,57 €

 

109.445,30 €

 

464.667,87 €

 

As Pontes

 

1.177.113,60 €

 

290.305,84 €

 

1.467.419,44 €

 

San Sadurniño

 

438.637,52 €

 

117.654,69 €

 

556.292,21 €

 

Somozas (As)

 

325.206,44 €

 

94.435,77 €

 

419.642,21 €

 

Valdoviño

 

594.014,15 €

 

136.468,86 €

 

730.483,01 €

 

Vilarmaior

 

255.992,67 €

 

59.339,87 €

 

315.332,54 €

 

Cariño

 

269.954,25 €

 

87.151,72 €

 

357.105,97 €

 

TOTAL

 

9.954.945,28 €

 

2.693.205,34 €

12.648.150,62 €

Páxinas suxeridas