Estás en:Novas

Vimianzo aproba provisionalmente 93 axudas do PEL-Reactiva por un total de 160.577,20 euros

Vimianzo aproba provisionalmente 93 axudas do PEL-Reactiva por un total de 160.577,20 euros

Foto (ARQUIVO) Mónica Rodríguuez e Valentín González Formoso

O Concello de Vimianzo aprobou a concesión provisional de 93 solicitudes de adhesión ao plan provincial de reactivación económica PEL-Reactiva da Deputación da Coruña, por un total de 160.577,20 euros.


121 empresas accederon a estas axudas das cales 28 non cumprían os requisitos establecidos na convocatoria. Con todo, o Concello de Vimianzo notificará este acordo ás persoas interesadas, que dispoñerán dun prazo de dez días hábiles para, de ser o caso, realizar as oportunas alegacións que así consideren.


O PEL Reactiva da Deputación da Coruña busca darlle solucións ás problemáticas derivadas da crise sanitaria provocada pola covid-19.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destaca o "compromiso da Deputación co noso tecido empresarial para facer fronte común ante esta problemática, acaecida ao longo de todo o noso país e particularmente no noso municipio", argumenta.

Páxinas suxeridas