Estás en:Novas

O Concello de Cabanas publica as axudas do PEL-Reactiva, que reparten 67.000 € entre 35 negocios locais

O Concello de Cabanas publica as axudas do PEL-Reactiva, que reparten 67.000 € entre 35 negocios locais

O Concello de Cabanas vén de publicar a listaxe coa concesión provisional de axudas ao abeiro do programa PEL – Reactiva, impulsado conxuntamente polo Concello de Cabanas e a Deputación da Coruña.

Este programa ten como principal obxectivo colaborar co tecido produtivo local, para axudar tanto nos gastos de adaptación dos negocios derivados das novas exixencias preventivas da COVID-19 (compra de material antiséptico ou produtos de limpeza e aseo, instalación de mamparas...), como con aqueles necesarios para o mantemento da actividade (gastos de alugueiro, seguros e outros gastos fixos, como a luz, gas, subministración de auga...).

En total, Cabanas repartirá 35 axudas – por un importe de 67.000 euros – a outras tantas microempresas e persoas autónomas do municipio, repartidas do seguinte xeito: unha axuda de 3.000 €, oito axudas de 2.500 €, dez axudas de 2.000 € e dezaseis axudas de 1.500 €.

Compromiso co tecido produtivo local

O pasado xuño, Cabanas repartiu 12.600 euros de fondos propios en axudas entre pequenas empresas e persoas autónomas da vila, a través de vinte unha subvencións de 600 euros cada unha, para contribuír a paliar a crise económica derivada da pandemia e favorecer o mantemento do emprego local.

Páxinas suxeridas