Estás en:Novas

O PEL Reactiva distribúe en Padrón 115 axudas a autónomos e microempresas, cun importe total de 227.500 euros

O PEL Reactiva distribúe en Padrón 115 axudas a autónomos e microempresas, cun importe total de  227.500 euros

Un total de 115 persoas autónomas e microempresas do Concello de Padrón recibirán financiamento a través das axudas do programa PEL Reactiva, financiado nun 80% pola Deputación da Coruña.

O Concello de Padrón vén de publicar o anuncio coa resolución desta liña de axudas, que ascende a 227.500 euros na localidade, e que se distribuirán en 115 axudas de entre 1.500 e 3.000 euros para paliar as consecuencias económicas da pandemia no último ano.

As persoas autónomas e microempresas beneficiarias deste programa teñen ata o 31 de marzo para presentar de modo telemático a documentación xustificativa dos gastos subvencionables. Unha vez feito, o Concello de Padrón procederá ao aboamento dos dous importes concedidos en cada caso.

Páxinas suxeridas