Estás en:Novas

A Deputación inicia as obras de reurbanización do núcleo de Sestelo, en Teo, financiadas a través do Plan Único

Os traballos inclúen a renovación das pistas interiores da aldea, situada na parroquia de Raris, así como completar as redes de abastecemento, saneamento, pluviais e o soterramento da de iluminación

A Deputación inicia as obras de reurbanización do núcleo de Sestelo, en Teo, financiadas a través do Plan Único

Veñen de iniciarse as obras do proxecto de reurbanización do núcleo de Sestelo, situado na parroquia de Raris e pertencente ao Concello de Teo, que contan cun orzamento de 221.610 euros e están financiadas a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

Os traballos que se están a levar a cabo inclúen a renovación do pavimento das pistas interiores da aldea de Sestelo, delimitándoo en varios tramos cunhas franxas transversais de lastras de formigón de cor gris, completar as redes de abastecemento e a de saneamento, renovar a de pluviais e, por outra banda, instalar a infraestrutura necesaria para dotar á iluminación pública dunha rede de subministración soterrada.

A actuación permitirá que os veciños e veciñas de Sestelo teñan uns accesos e uns equipamentos máis adecuados, mellorando a seguridade viaria, a accesibilidade e a súa comodidade, renovando ao mesmo tempo servizos coma o saneamento e abastecemento de auga e o alumeado público.

Páxinas suxeridas