Estás en:Novas

Cristina Capelán visita a Escola de Vela do Naútico da Coruña

A escola conta cunha furgoneta e unha embarcación pneumática adquiridas coa axuda da Deputación

Cristina Capelán visita a Escola de Vela do Naútico da Coruña

A deputada responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, visitou a Escola de Vela do Club Náutico coruñés.

Acompañada do comodoro do club, Jorge Etcheverría, e do director da Escola de Vela, Chuco Pérez Lafuente, a deputada visitou as instalacións da sede e interesouse especialmente polo traballo que se desenvolve na escola para iniciar aos máis pequenos no deporte da vela.

Capelán indicou ademais a Deputación estuda recuperar, se as condicións sanitarias o permiten, os cursos de vela que a Deputación organiza cada verán nos municipios costeiros da provincia e que o pasado ano non puideron realizarse debido á pandemia,

Os responsables do Club Náutico explicaron que a escola ten formado a miles de alumnos e alumnas de toda España e destacaron as axudas recibidas por parte da Deputación nos últimos anos, que lle permitiron ao club contar cunha furgoneta e unha embarcación pneumática que facilitan o seu labor.

Páxinas suxeridas