Estás en:Novas

A Deputación destina 142.882,17 euros do Plan Único para a construción dunha senda peonil de Ventín a Coira, en Ames

O Concello acaba de publicar a licitación deste proxecto de mellora da seguridade viaria, que tamén inclúe o soterramento da subministración de telefonía, baixa tensión e iluminación

A Deputación destina 142.882,17 euros do Plan Único para a construción dunha senda peonil de Ventín a Coira, en Ames

Foto (ARQUIVO) Reunión do presidente da Deputación co alcalde de Ames e o deputado provincial Blas García

A Deputación da Coruña financiará a través do Plan Único o proxecto para a construción dunha senda peonil entre os lugares de Ventín a Coira, en Ames, valorado en 142.882,17 euros e que permitirá mellorar a seguridade viaria na zona.
O Concello de Ames vén de publicar na súa plataforma de contratación o proceso de licitación para levar a cabo esta actuación, pola que se construirá unha senda peonil de 530 metros de largo e 2 metros de ancho e que unirá os lugares de Ventín e Coira.
Os traballos tamén inclúen, por un lado, a instalación da canalización e colocación de 6 arquetas con sumidoiro para a recollida de augas pluviais e, polo outro, o soterramento da subministración de telefonía, baixa tensión e iluminación, desmontando os postes existentes.
O prazo para presentar ofertas remata o 8 de marzo e o tempo de execución desde o seu comezo será de 6 meses.

Páxinas suxeridas