A Deputación da Coruña investirá este ano preto de 8 millóns de euros no Plan de Conservación de Vías Provinciais
O programa, que será aprobado definitivamente no pleno do 26 de febreiro, contempla a execución de obras de mantemento, reparación de firme e pavimentación nos máis de 2.100 quilómetros da rede provincial de estradas
Supón un investimento medio de 4.000 euros por quilómetro de estrada
A Deputación da Coruña investirá este ano 7.902,029,66 euros no Plan de Conservación de Vías Provinciais. O plan vén de ser aprobado na Comisión de Vías e Obras e será ratificado polo pleno provincial do vindeiro día 26.
"O programa contempla a execución de traballos de mantemento, reparación do firme e pavimentación nos máis de 2.100 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións de circulación, aumentar a seguridade viaria e reducir a sinistralidade nas estradas da provincia", explicou o deputado titular da área de Vías Provinciais, José Manuel Pequeño.
A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodadura (55%) e renovación da sinalización vertical e horizontal (20,5%), mentres que a apertura e limpeza de cunetas suporá preto do 8% dos investimentos e a instalación de defensas viais ou obras de drenaxe, un 6% cada unha, respectivamente.
Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación ten conta cun plan destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, no que inviste anualmente preto de medio millón de euros. Dende 2017, as rozas das estradas provinciais son obxecto dun contrato independente do Plan de Conservación, co obxectivo de mellorar e axilizar este servizo no que se inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas varias veces ao ano, para mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.
4.000 euros por quilómetro
Os programas de Conservación e de rozas das estradas provinciais suman un investimento duns 4.000 euros anuais por quilómetro, "un dos máis elevados dos que realizan as administracións públicas en conservación de estradas", apunta o deputado José Manuel Pequeño, que entende que "o mantemento dos viais nas mellores condicións é tan importante como a construción de novas infraestruturas".
PLAN CONSERVACIÓN 2021
(1ª Fase)
GRUPO 1A ORTIGUEIRA | 127.151,14 |
GRUPO 1B CARIÑO | 271.802,63 |
GRUPO 2 MAÑÓN E AS PONTES | 118.181,76 |
GRUPO 3 CEDEIRA, CERDIDO E VALDOVIÑO | 283.725,76 |
GRUPO 4 FERROL E NARÓN | 264.628,96 |
GRUPO 5 MOECHE, SAN SADURNIÑO E AS SOMOZAS | 320.935,44 |
GRUPO 6 ARES, FENE, MUGARDOS E NEDA | 94.232,17 |
GRUPO 7 CABANAS, MIÑO, PADERNE E PONTEDEUME | 297.012,87 |
GRUPO 8 IRIXOA, MONFERO E VILARMAIOR | 266.656,11 |
GRUPO 9 OLEIROS E SADA | 327.358,65 |
GRUPO 10 CAMBRE, BERGONDO E BETANZOS | 327.053,21 |
GRUPO 11 ABEGONDO, CARRAL E OZA-CESURAS | 325.008,98 |
GRUPO 12 ARANGA, BETANZOS, COIROS, CURTIS E OZA-CESURAS | 346.176,51 |
GRUPO 13A FRADES, ORDES, OROSO E O PINO | 173.387,43 |
GRUPO 13B BOIMORTO,MESÍA E VILASANTAR | 124.895,27 |
GRUPO 14 MELIDE, SANTISO, SOBRADO E TOQUES | 248.367,67 |
GRUPO 15: ARZÚA, BOQUEIXÓN, O PINO E TOURO | 198.131,93 |
GRUPO 16 ARTEIXO, A CORUÑA E CULLEREDO | 328.845,26 |
GRUPO 17 CARBALLO,CERCEDA E A LARACHA | 390.293,62 |
GRUPO 18 CABANA,MALPICA E PONTECESO | 351.500,95 |
GRUPO 19 CAMARIÑAS, LAXE, MUXÍA E VIMIANZO | 154.949,50 |
GRUPO 20 CEE, CORCUBIÓN, DUMBRÍA E MAZARICOS | 161.523,20 |
GRUPO 21 AMES, A BAÑA, NEGREIRA E VAL DO DUBRA | 215.504,63 |
GRUPO 22 ORDES, SANTIAGO, TORDOIA, TRAZO E VAL DO DUBRA | 258.684,98 |
GRUPO 23 MAZARICOS, MUROS E OUTES | 227.804,30 |
GRUPO 24 BOIRO, LOUSAME E NOIA | 282.203,65 |
GRUPO 25 BRION, DODRO, PADRÓN E ROIS | 233.355,28 |
GRUPO 26 AMES, SANTIAGO, TEO E VEDRA | 180.213,54 |
GRUPO 27 BOIRO E RIANXO | 173.370,39 |
GRUPO 28 A POBRA DO CARAMIÑAL, PORTO DO SON | 382.214,29 |
GRUPO 34 DP 1914 CARBALLO A PORTOMOURO | 139.659,62 |
GRUPO 35 CORISTANCO, SANTA COMBA E ZAS | 205.761,67 |
GRUPO 36 DP 3404 A SERRA DE OUTES A DUMBRÍA | 101.438,29 |
TOTAL | 7.902.029,66 |