Estás en:Novas

A Deputación e a UDC estudan colaborar nun programa para que o alumnado de Dereito realice prácticas en entidades sociais

A Deputación e a UDC estudan colaborar nun programa para que o alumnado de Dereito realice prácticas en entidades sociais

A Deputación da Coruña e a UDC estudan colaborar nun programa que o alumnado de Dereito realice prácticas en entidades sociais da provincia.

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, reuniuse cos profesores da Facultade de Dereito Xosé Manuel Carril e Mª Carmen Garcimartin, que lle trasladaron un proxecto de "clínica xurídica", no que o alumnado de Dereito da institución académica coruñesa realizaría prácticas en entidades sociais da provincia.

As experiencias desenvolvidas ata agora neste formato, denominado "aprendizaxe de servizo" foron moi proveitosas para o alumnado e para as entidades e inspiraron traballo de final de grao de grande calidade, segundo expuxeron os responsables da Facultade de Dereito da UDC.

Ana Lamas destacou o interese do proxecto e comprometeuse a estudar posibles vías de colaboración para que a Deputación poda participar nel

Páxinas suxeridas