Estás en:Novas

A Deputación destina 38.220 euros para instalar un área recreativa infantil no CEIP Ana María Diéguez, en Rianxo

Os fondos, do Plan Único, permitirán crear dúas zonas diferenciadas: unha para os nenos e nenas de infantil no patio interior e outra para o resto do alumnado do centro no xardín traseiro

O prazo para presentar ofertas á licitación deste proxecto remata o 29 de marzo

A Deputación destina 38.220 euros para instalar un área recreativa infantil no CEIP Ana María Diéguez, en Rianxo

A Deputación da Coruña destina, a través do Plan Único, 38.220 euros para financiar un proxecto para a instalación dun área recreativa infantil no CEIP Ana María Diéguez, na parroquia de Asados do Concello de Rianxo.

A actuación, que vén de saír a licitación pública, permitirá crear dúas zonas diferenciadas. A primeira, destinada aos nenos e nenas de infantil, estará situada no patio interior onde se instalará un novo tobogán e unha casiña de xogos e tamén se renovará o chan de caucho existente na zona de seguridade do tobogán.

A segunda zona, para o conxunto do alumnado do centro, estará no xardín traseiro, onde se instalarán unha serie de xogos que configurarán un circuíto de aventura que constará de escaleiras, pontes, cordas, redes... fabricados con madeira procedente de bosques xestionados de maneira sostible.

O prazo para presentar ofertas á licitación deste proxecto remata o 29 de marzo e o tempo de execución dos traballos desde o comezo das obras será de 1 mes

Páxinas suxeridas