Estás en:Novas

A Deputación da Coruña aposta pola profesionalización do turismo para contribuír a saír da crise provocada pola Covid19

Financia con case 800.000 € a contratación de persoal técnico en 59 concellos de menos de 50.000 habitantes

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, defende a aposta por planificar o futuro para afrontar os novos retos do sector

A Deputación da Coruña aposta pola profesionalización do turismo para contribuír a saír da crise provocada pola Covid19

Dotar de persoal ás oficinas de turismo municipal, profesionalizar o sector e afrontar os retos de futuro nun momento de crise son os obxectivos da liña da área de Turismo da Deputación da Coruña pola cal se financia con 787.812,16 € a contratación de persoal técnico en 59 concellos de provincia. O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, defende que esta liña responde "á aposta por un sector vital que está nunha situación de emerxencia e precisa planificar o seu futuro".

Un total de 59 concellos de menos de 50.000 habitantes son os beneficiarios da liña de axudas pola que a área de Turismo da Deputación da Coruña financia o gasto de persoal das oficinas de turismo municipais. "Significa a aposta pola planificación turística como prioridade, a pesar das emerxencias e da precariedade dos fondos existentes queremos apoiar unha liña que vai máis alá das urxencias da covid e busca dotar aos concellos de servizos axeitados para pensar e afrontar os retos do futuro", destaca Xosé Regueira.

O obxectivo é, segundo o vicepresidente e responsable da área de Turismo na Deputacións, "contribuír á creación de emprego, planificar o futuro e que os destinos sexan máis competitivos para o que é fundamental contar con persoal técnico que, ao noso ver, ten que estar asentado nos concellos".

Neste sentido, apunta a que o persoal técnico pode contribuír a deseñar novas estratexias nos concellos para a recuperación dun dos sectores máis afectados pola pandemia. Ao respecto, xa no propio confinamento, a área de Turismo desenvolveu un foro cos distintos ámbitos do sector, desde empresas e entes de carácter privado a institucións públicas, de cara a orientar o futuro nesta situación de crise e, neses encontros, unha das conclusións centrais foi precisamente o papel fundamental do persoal técnico mostrouse para orientar ás administracións e colaborar na revitalización do sector.

O programa da Deputación da Coruña promove, desta maneira, a contratación de especialistas en concellos de menos de 50.000 habitantes con achegas que van até os 20.000 €. Con estas axudas, a contratación de persoal para as oficinas de información turística contribuirá tamén a incrementar a calidade e seguridade dos distintos destinos, eixes centrais para a oferta turística deste ano.

AXUDAS POR CONCELLOS

CONCELLO DA LARACHA 13.000,00

CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL 19.351,89

CONCELLO DAS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ 14.483,49

CONCELLO DE ARES 12.901,26

CONCELLO DE ARTEIXO 15.335,46

CONCELLO DE ARZÚA 15.335,46

CONCELLO DE BETANZOS 15.457,17

CONCELLO DE BOIRO 19.848,22

CONCELLO DE BOQUEIXÓN 7.424,31

CONCELLO DE CABANAS 12.657,84

CONCELLO DE CAMARIÑAS 18.865,05

CONCELLO DE CAMBRE 13.266,39

CONCELLO DE CARBALLO 19.717,02

CONCELLO DE CARIÑO 11.805,87

CONCELLO DE CARNOTA 15.335,46

CONCELLO DE CEDEIRA 14.605,20

CONCELLO DE CEE 11.805,87

CONCELLO DE CERCEDA 10.588,77

CONCELLO DE CORCUBIÓN 12.414,42

CONCELLO DE CULLEREDO 9.858,51

CONCELLO DE DUMBRIA 13.022,97

CONCELLO DE FENE 9.128,25

CONCELLO DE FISTERRA 18.134,79

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS 16.065,72

CONCELLO DE MELIDE 16.065,72

CONCELLO DE MIÑO 17.282,82

CONCELLO DE MOECHE 10.183,24

CONCELLO DE MONFERO 10.649,63

CONCELLO DE MUGARDOS 11.075,61

CONCELLO DE MUROS 18.378,21

CONCELLO DE MUXÍA 15.700,59

CONCELLO DE NEDA 8.763,12

CONCELLO DE NEGREIRA 10.000,00

CONCELLO DE NOIA 11.440,74

CONCELLO DE OLEIROS 16.917,69

CONCELLO DE OROSO 11.805,87

CONCELLO DE ORTIGUEIRA 15.335,46

CONCELLO DE OUTES 12.779,55

CONCELLO DE PADRÓN 17.774,54

CONCELLO DE PONTECESO 18.013,08

CONCELLO DE PONTEDEUME 15.578,88

CONCELLO DE PORTO DO SON 16.065,72

CONCELLO DE RIANXO 17.404,53

CONCELLO DE RIBEIRA 20.000,00

CONCELLO DE ROIS 8.884,83

CONCELLO DE SADA 18.986,76

CONCELLO DE SANTISO 10.710,48

CONCELLO DE SOBRADO DOS MONXES 11.805,87

CONCELLO DE TEO 19.047,62

CONCELLO DE TOURO 9.249,96

CONCELLO DE VALDOVIÑO 11.319,03

CONCELLO DE VEDRA 12.414,42

CONCELLO DE VILASANTAR 9.736,80

CONCELLO DE VIMIANZO 15.335,46

CONCELLO DE ZAS 14.848,62

CONCELLO DO PINO 13.847,92

TOTAL: 787.812,16

Páxinas suxeridas