Estás en:Novas

Ampliación do prazo de xustificación e avaliación do proxecto anual de servizos sociais municipais exercicio 2020, e presentación proxecto 2021.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social

ORDE do 18 de marzo de 2021 pola que se amplía o prazo para a xustificación e avaliación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais correspondente ao exercicio 2020, así como para a presentación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais correspondente ao ano 2021.

Artigo único. Ampliación do prazo

Ampliar o prazo para a presentación da xustificación e avaliación da execución do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais correspondente ao exercicio 2020, así como para a presentación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais correspondente ao exercicio 2021, ata o día 30 de abril de 2021, incluído.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210326/AnuncioG0425-220321-0001_gl.pdf

Páxinas suxeridas