Estás en:Novas

A Deputación destina 905.000 euros á contratación de técnicos deportivos en 69 concellos da provincia

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destaca que programa xera emprego e facilita que os municipios coruñeses poidan desenvolver programacións deportivas de carácter estable

A Deputación destina 905.000 euros á contratación de técnicos deportivos en 69 concellos da provincia

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar concesión provisional das axudas que concede anualmente a Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia. Este ano, sesenta e nove concellos contratarán ou manterán no seu cadro de persoal a técnicos deportivos municipais grazas ao apoio económico da Deputación, que achega un total de 905.000 euros para financiar este programa.

A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, destacou que estas axudas "ademais de contribuír á xeración de emprego na provincia, permitindo a contratación de 69 persoas durante un período dun ano, facilitan tamén que os municipios coruñeses poidan desenvolver programacións deportivas de carácter estable e fomentar o deporte e a actividade física entre a poboación, especialmente nenos e maiores".

A Deputación financia ata o 80% dos custes salariais (soldo e seguridade social) do persoal técnico deportivo contratado durante un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros para aqueles municipios que optan pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa. Os concellos poden contratar tamén técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario.

Comarca de Santiago

 

CONCELLO

ACHEGA

A Baña

7.500

Ames

15.000

Boimorto

15.000

Boqueixón

10.000

Dodro

15.000

Frades

10.000

Melide

10.000

Mesía

15.000

Ordes

15.000

Oroso

10.000

Padrón

15.000

Rois

15.000

Santiso

15.000

Teo

15.000

Toques

15.000

Tordoia

15.000

Touro

15.000

Trazo

15.000

Val do Dubra

10.000

Vedra

15.000

O Pino

15.000

Total

282.500

 

 

 

Comarca da Coruña e As Mariñas

 

CONCELLO

ACHEGA

Abegondo

10.000

Aranga

15.000

Arteixo

15.000

Betanzos

  7.500

Cambre

15.000

Carral

15.000

Culleredo

15.000

Irixoa

10.000

Oleiros

15.000

Oza-Cesuras

10.000

Sada

10.000

Sobrado

15.000

Vilasantar

10.000

Total

162.500

 

 

Comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal

 

CONCELLO

ACHEGA

As Pontes

15.000

Ares

15.000

Cariño

15.000

Cedeira

  5.000

Fene

15.000

Mañón

10.000

Moeche

10.000

Monfero

10.000

Mugardos

15.000

Pontedeume

15.000

Valdoviño

10.000

Vilarmaior

15.000

Total

150.000

 

 

Comarca de Bergantiños – Costa da Morte

 

CONCELLO

ACHEGA

Camariñas

15.000

Carballo

15.000

Cee

15.000

Corcubión

15.000

Coristanco

10.000

Dumbría

10.000

Fisterra

10.000

Laxe

15.000

Malpica

15.000

Muxía

10.000

Ponteceso

15.000

Vimianzo

15.000

Zas

10.000

Total

170.000

 

 

Comarca do Barbanza

 

CONCELLO

ACHEGA

A Pobra

15.000

Boiro

15.000

Carnota

15.000

Lousame

15.000

Mazaricos

15.000

Muros

15.000

Outes

10.000

Porto do Son

10.000

Rianxo

15.000

Ribeira

15.000

Total

140.000

 

 

 

Páxinas suxeridas