Estás en:Novas

34 rapaces comezaron hoxe en Cariño a Campaña de Vela 2016 da Deputación

Cariño acolle dende esta mañá o primeiro curso dos seis que integran a Campaña de Vela 2016 que organiza a Deputación da Coruña e na que participarán 200 nenos e nenas da provincia.

En dúas quendas de mañá e tarde, un total de 34 rapaces e rapazas de entre 9 e 18 anos das comarcas de Ferrolterra e Ortegal iniciaron hoxe un curso dunha semana de duración, durante o que aprenderán os principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como nocións básicas de windsurf e elaboración de nós mariños.

A Deputación da Coruña incrementou este ano, de tres a seis, as sedes dos cursos de vela que realiza cada verán en diversos municipios costeiros da provincia.

Cariño acolle dende esta mañá o primeiro curos dos seis que integran a Campaña de Vela 2016 que organiza a Deputación da Coruña e na que participarán 200 nenos e nenas da provincia.

Cariño acolle dende esta mañá o primeiro curso dos seis que integran a Campaña de Vela 2016 que organiza a Deputación da Coruña e na que participarán 200 nenos e nenas da provincia.

En dúas quendas de mañá e tarde, un total de 34 rapaces e rapazas de entre 9 e 18 anos das comarcas de Ferrolterra e Ortegal iniciaron hoxe un curso dunha semana de duración, durante o que aprenderán os principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como nocións básicas de windsurf e elaboración de nós mariños.

A Deputación da Coruña incrementou este ano, de tres a seis, as sedes dos cursos de vela que realiza cada verán en diversos municipios costeiros da provincia.

Tras Cariño, serán os concellos de Oleiros, Rianxo, Ribeira, Muxía e Malpica os que acollerán a Campaña de Vela.

Páxinas suxeridas