Estás en:Novas

A Deputación da Coruña adxudica por 250.000 euros a construción dunha senda peonil en Peiro, Culleredo

A obra mellorará a seguridade viaria na DP 3109 ao seu paso polos núcleos de Peiro e A Veiga

A Deputación da Coruña adxudica por 250.000 euros a construción dunha senda peonil en Peiro, Culleredo

A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 249.822 euros as obras de construción dunha senda peonil na estrada DP-3019 de Peiro á Veiga, no Concello de Culleredo. 

O proxecto suporá a construción dunha senda peonil entre os PK 6+850 e 7+650 da DP-3019 ao seu paso polos núcleos de Peiro e Veiga. Nas entradas a garaxes e predios o pavimento será substituído por lastro prefabricado sobre formigón para evitar a fisurado primeiro debido ás cargas de tráfico que soportará. O pavimento da estrada,que constará de 2 carrís de 3 metros de ancho separados da senda por un bordo, simplemente se acondicionará xa que actualmente está en bo estado.

"O obxectivo desta actuación é dotar ás numerosas vivendas existentes na zona dun itinerario peonil seguro", explicou o  alcalde de Culleredo e deputado provincial,José Ramón Rioboo, que destacou que as obras responden a unha demanda histórica da veciñanza da zona e suporán unha notable mellora da seguridade para os desprazamentos a pé dos viandantes.  

Páxinas suxeridas