Estás en:Novas

A Deputación forma a entidades e clubs deportivos da provincia no uso das redes sociais

En total terán lugar sete cursos de 6 horas de duración distribuídos nas distintas comarcas da provincia, cun máximo de 50 participantes por curso

A Deputación forma a entidades e clubs deportivos da provincia no uso das redes sociais

A Deputación da Coruña formará os clubs e entidades deportivas da provincia no uso das redes sociais como plataforma para dar a coñecer a súa actividade e fomentar a práctica do deporte .

En total, terán lugar sete cursos de 6 horas de duración, distribuídos nas distintas comarcas da provincia e cun máximo de 50 participantes por curso. Serán de balde para as persoas participantes.

A primeira xornada terá lugar os días 6,7 e 8 de maio. Todas se celebrarán en xoves e venres, en horario de 18:00 a 20:00 horas, así como os sábados, de 11:00 a 13:00 horas. As inscricións poderán realizarse no Rexistro da entidade provincial ou a través da sede electrónica.

O obxectivo é que os responsables de comunicación das entidades e clubs deportivos coruñeses melloren as súas competencias no eido da análise dixital, así como as súas rendibilidades, e aproveiten o gran potencial das redes sociais para dar a coñecer as súas actividades, eventos e competicións.

Entre os contidos do curso figuran como xestionar de forma efectiva as redes sociais, ferramentas para un mellora posicionamento nos buscadores, como producir contidos para as distintas plataformas ou como emitir en directo as actividades do club.

A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, sinalou que "o que buscamos con estas xornadas é a adquisición de competencias nun eido tan importante actualmente como son os social media, fomentando a creación dunha gran comunidade entre as organizacións deportivas da provincia."

Máis información en: https://www.dacoruna.gal/deportes/accions-formativas

Páxinas suxeridas